poligal
OPINIÓN

Colapso industrial galego 4.0

Pois si señores e señoras, no chamado país dos mil ríos, da grande capacidade de produción eléctrica, no territorio fértil agroalimentario, na terra dun antigo cooperativismo agrario e do presente cooperativismo de traballo asociado, neste territorio, prepárense, a...

Dúas empresas, interesadas en adquirir Poligal
O comité rexeita o inicio do ERE cando o xulgado desbota a liquidación

Dúas empresas, interesadas en adquirir Poligal

Dúas empresas fixeron chegar aos representantes das traballadoras e traballadores de Poligal e ao Igape o seu interese en seguir analizando a posíbel viabilidade da planta naronesa que o grupo Peralada pretende pechar e, dese xeito, despedir as 108 persoas que integran...

A economía, cara á irrelevancia industrial

A economía, cara á irrelevancia industrial

O obxectivo do Goberno galego, e tamén da Unión Europea, pasaba por conseguir que o peso da industria no país acadase o 20% en 2020. Hoxe xa é obvio que non vai ser así e, o que é peor, cada ano que pasa Galiza está máis afastada desa meta. A situación de Alcoa, Ferroatlántica ou Poligal agravarían aínda máis o estado da industria galega. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 341 de Sermos Galiza.

O Grupo Peralada anuncia por videoconferencia o peche da fábrica naronesa Poligal

O Grupo Peralada anuncia por videoconferencia o peche da fábrica naronesa Poligal

A dirección do Grupo Peralada quere pechar a fábrica naronesa da empresa Poligal, dedicada á produción de plástico, fundamentalmente para o sector da alimentación. Co anuncio, que foi transmitido onte pola mañá ao comité de empresa a través de videoconferencia, o holding catalán envía ao paro aos 108 traballadores que conforman o seu plantel, cuxa media de idade se sitúa en torno aos 50 anos, aducindo perdas millonarias nos últimos cinco anos e a nula viabilidade dun sector que, din, adoece dunha excesiva potencia instalada.