posibilidades
OPINIÓN

As posibilidades políticas do nacionalismo galego

Desde o coñecemento que temos do fracaso político que supuxo para Galiza o período da Transición, e sendo, ademais, plenamente conscientes do peso electoral que ten o nacionalismo galego no conxunto do corpo social do país, talvez resulta improrrogábel repensar inmediatamente despois das municipais, con serenidade e con realismo político, o que cómpre facer diante do proceso electoral das vindeiras eleccións xerais para lograr que a nación galega teña algo que dicir no escenario das novas Cortes, onde tanto nos xogamos como sociedade e como realidade política. Non podemos repetir erros históricos do pasado.

OPINIÓN

As nosas posibilidades?

Entre os moitos insultos que a meirande parte da poboación estamos a soportar dende que empezou este expolio roubo abuso colectivo globalizado planetario cósmico, baixo da desculpa da crise, está iso que nos repiten unha vez e dúas e tres, de que antes viviamos por enriba das nosas posibilidades, que antes o noso consumo era excesivo, que antes, claro, diso se trata, fundamentalmente é o que interesa aquí que nos metamos ben na cachola, que antes cobrabamos por enriba do que era lóxico cobrar. Esas cousas e outras igual de absurdas son as que aturamos día si e día tamén dende as páxinas dos xornais, as televisións e as radios.

UNIVERSIDADE

O ambiente 'florece' nunhas xornadas na Coruña

Adega organiza un ciclo de conferencias, obradoiros e exposicións para analizar coa comunidade universitaria cuestións coma o impacto dos lumes nas Fragas do Eume, a mobilidade, a calidade do aire ou da xestión de residuos, ademais das posibilidades da enerxía solar