povisa
Povisa asegura que a orde de reducir probas débese a “recomendacións médicas”

Povisa asegura que a orde de reducir probas débese a “recomendacións médicas”

Un comunicado do Hospital Povisa sinala que a orde transmitida ao seu cadro de persoal en relación á redución da realización de probas está motivada por “recomendacións médicas”. Retrucou así ao BNG após a organización nacionalista ter denunciado a medida comunicada pola dirección de Povisa ás traballadoras e traballadores.

“Hai que investigar se Povisa emprega o concerto do Sergas para mellorar a súa atención privada”

“Hai que investigar se Povisa emprega o concerto do Sergas para mellorar a súa atención privada”

CIG denunciou que o hospital privado, no que teñen asignada a súa asistencia sanitaria pública miles de cidadás de Vigo, ten como obxectivo reducir as actuacións en pacientes derivadas do Sergas “que non acheguen ningún valor engadido” para “mellorar o noso tempo de resposta a pacientes privados”. Manuel Moreira, médico de familia e responsábel de CIG-Saúde en Vigo, indica a Sermos Galiza, que este sindicato xa pediu ao Sergas unha investigación sobre este tema.

Povisa, en preconcurso de acredores

Povisa, en preconcurso de acredores

O maior hospital privado do Estaco, cun plantel de 1.400 traballadores e traballadoras, achaca ao 'deficitario' convenio co Sergas a situación. O persoal teme un ERE e considera que a dieección do hospital tenta forzar unha mellora do convenio.

"A Xunta estase a lavar as mans co que acontece en Povisa"
10M: GREVE DE FAME EN POVISA

"A Xunta estase a lavar as mans co que acontece en Povisa"

Tres representantes do comité de empresa encetan esta terza feira unha folga de fame indefinida contra os despedimentos anunciados. Denuncian "chantaxes" por parte da dirección do centro hospitalario perante a negociación dun novo convenio colectivo. 

Esixen á Xunta que se implique no conflito laboral de Povisa

Esixen á Xunta que se implique no conflito laboral de Povisa

O comité de empresa de Povisa esixe a retirada do ERE e a recolocación das 56 persoas do cadro de persoal afectadas. Cun acto de protesta esta terza feira  10.00 horas diante do edificio da Xunta en Vigo reclamarán a implicación do goberno galego no conflito. 

O persoal de Povisa maniféstase na praia de Samil a cinco días da folga

O persoal de Povisa maniféstase na praia de Samil a cinco días da folga

Un abrazo a Samil, o populoso areal de Vigo que xunta en agosto a milleiros de persoas, foi a nova mobilización que o persoal de Povisa desenvolveu para denunciar a imposición por parte da empresa dunha redución drástica das condicións laborais. Para o día 19 está prevista a xornada de folga. Vídeo no interior

A policía despexa o peche do persoal de Povisa contra a baixa salarial do 40%

A policía despexa o peche do persoal de Povisa contra a baixa salarial do 40%

A concentración de traballadores e traballadoras de  Povisano edificio administrativo da Xunta en Vigo foi desaloxada pola policía cando tentaban seren ouvidas pola delegada en Vigo, Bravo Bosch. Protestan pola aplicación da empresa do convenio provincial que suporá un descenso do 40% do salario ás máis de mil trescentas persoas do cadro laboral. 

O persoal de Povisa maniféstase na praia de Samil a cinco días da folga

O persoal de Povisa maniféstase na praia de Samil a cinco días da folga

Un "abrazo" a Samil, o populoso areal de Vigo que xunta en agosto a milleiros de persoas, foi a nova mobilización que o persoal de Povisa desenvolveu para denunciar a imposición por parte da empresa dunha redución drástica das condicións laborais. Para o día 19 está prevista a xornada de folga.