preferentes
Fenosa: a outra estafa das preferentes

Fenosa: a outra estafa das preferentes

Centos de familias compraron preferentes por medio da empresa eléctrica, o que lles impide acceder á arbitraxe e as deixa en mans da multinacional, que se amosa pouco disposta a devolver os cartos malia os seus escandalosos beneficios.

Os mariñeiros do cerco: “Róubannos! Isto é como a estafa das preferentes”
NA ACAMPADA DE SAN CAETANO

Os mariñeiros do cerco: “Róubannos! Isto é como a estafa das preferentes”

Fanse oito días desde que os mariñeiros do cerco decidiron cambiar os aparellos polas tendas de campaña. Asentados diante do edificio da Xunta en San Caetano, “o que os nosos fillos chaman o castelo da bruxa, por Rosa Quintana”, aseguran que continuarán coa protesta “até rompermos o reparto”.

OPINIÓN

A solución xudicial ás preferentes

No seu dìa sinalamos nestas pàxinas a perda de 8400 M€ pùblicos no saneamento de Nova Galicia Banco. E denunciamos  que o Goberno do Estado decidise a súa poxa dous anos e medio antes de que vencese o tempo màximo (decembro 2016) outorgado no chamado “Memorandum of  Understanding” imposto por Bruxelas. 

Xulio Vicente, “Co que nos rouban coas preferentes mercaríamos dez Barreras”

Xulio Vicente, “Co que nos rouban coas preferentes mercaríamos dez Barreras”

A loita polas preferentes atravesa o ano que agora remata coa venda de NGB, a entidade na que se fusionaron as caixas nas que boa parte das vítimas da estafa depositaran os seus aforros. Xulio Vicente, voceiros da Plataforma do Baixo Miño, unha das máis activas e a que acumula máis multas e sancións polas protestas, fala dos dous anos de loita contra o que define como "estafa política". 

Diego Ameixeiras novela a fraude das preferentes en “Matarte Lentamente”

Diego Ameixeiras novela a fraude das preferentes en “Matarte Lentamente”

“Aquí vai haber sangue” di un prefrentista na xuntanza na que un avogado explica que as preferentes son emisións perpetuas. Diego Ameixeiras volve á actualidade para novelar unha loita que aínda esta fin de semana protagonizaba unha multitudinaria manifestación. Matarte lentamente é unha das novidades de outono en Xerais. 

As Plafaformas de estafad@s polo calote das preferentes poñen "negro sobre branco" na comisión das caixas

As Plafaformas de [email protected] polo calote das preferentes poñen "negro sobre branco" na comisión das caixas

Suso Domínguez (Compostela) e Ana María Zas (A Coruña) compareceron na comisión de investigación parlamentar en nome [email protected] 80.000 [email protected] por este calote. Exixen que se manteña a vía da arbitraxe "para todos" e denuncian que o presidente da Xunta non se teña reunido con [email protected] desde que comezaron as súas reivindicacións. "Levamos un ano agardando"

Gayoso elude responder perguntas chave e sobre as preferentes di que axiu con boa fe

Gayoso elude responder perguntas chave e sobre as preferentes di que axiu con boa fe

O ex presidente de Caixa Nova, coa cumplicidade do presidente da comisión de investigación (PP),  renuncia á autocrítica e despreza o Parlamento ao negarse a responder varias preguntas, como as que aludían á burbulla inmobiliaria ou ás escandalosas indemnizacións dos directivos, das que non falou porque “están baixo investigación xudicial”. Usando o castelán en todo momento, afirmou que a caixa que lideraba “estaba en contra da fusión”, cuxo fracaso atribúe ás “duplicidades”.

Patricia Carnota:“Aínda hai xente que está a descubrir que ten cartos en preferentes”

Patricia Carnota:“Aínda hai xente que está a descubrir que ten cartos en preferentes”

Unha boa parte da súa familia está afectada pola estafa. Sen ela o saber, os aforros de Patricia Carnota -mesmo a indemnización por despido- foron dar en preferentes e subordinadas e só soubo que estaba afectada cando no fin do 2011 precisou dos cartos e quixo recuperalos. Agora é unha das persoas máis activas da plataforma de persoas afectadas de Compostela. 

Rebelión contra as quitas

Rebelión contra as quitas

Xornada de protestas, tensións e mobilizacións en diferentes cidades e vilas galegas contra as novas quitas impostas aos e ás posuidoras de preferentes. "É unha barbaridade, estanse a rir de nós", manifestan desde as plataformas de [email protected]