prezo
Segue a subir o IPC na Galiza mentres a media estatal retrocede
As principais subas danse en alimentos e bebidas

Segue a subir o IPC na Galiza mentres a media estatal retrocede

A Galiza rexistra unha nova suba do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) pechando o mes de xullo cun aumento de até 0,5%, o que significa que este índice aumentou dúas décimas máis respecto o anterior rexistro mensual, tal e como recollen os datos dados a coñecer polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Producir enerxía, exportar e calar
Dereito a unha tarifa propia

Producir enerxía, exportar e calar

Exportamos entre 30 e 40% da enerxía que producimos e aínda así, sendo excedentaria, Galiza vai pagar o recibo da luz máis caro do Estado para compensar as grandes eléctricas. As mesmas que facturaron por conta da enerxía do noso país centos de millóns de euros e pagaron ridículos impostos. A uns 400 quilómetros, de aquí, en Euskadi, as cousas son doutra maneira.  Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 319.

O prezo da imaxe de ‘bo xestor’ de Feijóo
Déficit

O prezo da imaxe de ‘bo xestor’ de Feijóo

O goberno de Alberto Núñez Feijóo optou por se financiar a través de bancos e fondos de investimento, con tipos de interese máis altos, e non mediante os mecanismos públicos. As preguntas, tamén en sede parlamentar, sobre cal é o sobrecusto desta decisión baten co silencio da Xunta. Outros cálculos cifran ese ‘custo de máis’ en 1.670 millóns de euros. Deixamos un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 260.

Madrid di ter chegado a un acordo para un prezo mínimo no leite

Estarían a favor, segundo comunicaron a representantes das explotacións, todas as empresas agás Reny Picot, Lactalis, Eroski e Lidl, segundo lle foi trasladado pola ministra á delegada do goberno español en Lugo. A conselleira de Medio Rural viaxa á cidade amurallada.

Un litro de leite a 20 céntimos
O PP REXEITA UNHA INICIATIVA PARA FIXAR UN PREZO XUSTO

Un litro de leite a 20 céntimos

Xa se están a pagar 20 cm. por litro e hai lugares onde as empresas non recollen o leite para aforrar gastos. Os dados púxoos sobre a mesa o BNG, en debate parlamentar co PP.

Véndese pazo, prezo a convir

Véndese pazo, prezo a convir

Os carteis de “véndese” que cada vez penduran máis de andares e establecementos comerciais chegaron tamén aos pazos. Na rede pódense atopar arredor dun cento, algúns declarados BIC, que buscan no capital exterior os seus futuros propietarios. Varios deles anuncian xa rebaixas. 

A Xunta de Galiza comprométese a incrementar o prezo do leite en xaneiro

A Xunta de Galiza comprométese a incrementar o prezo do leite en xaneiro

A reunión entre o goberno galego, Interprofesional Láctea (INLAC) e as organizacións sindicais Sindicato Labrego Galego (SLG), Unións Agrarias (UU.AA.)e Xóvenes Agricultores (XX.AA.) rematou coa sinatura dun acordo para poder comezar a traballar de xeito conxunto. A Xunta comprométese a vixilar a industria e distribuidores para que non vendan a prezos por baixo do custe de produción e levará a Madrid medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria.
Un Plan de Descontos para a AP-9

Un Plan de Descontos para a AP-9

@s [email protected] do BNG no Congreso español, presentaron unha iniciativa parlamentar encamiñada a instar ao goberno español a negociaren coa concesionaria da AP-9 un Programa de Descontos. O vindeiro día 1 de setembro, a suba do IVE incrementará máis unha vez o custo das portaxes.
O prezo das portaxes subirá na Galiza un 7,5%

O prezo das portaxes subirá na Galiza un 7,5%

As peaxes das autoestradas galegas incrementarán a partir do domingo un 7,5% o seu prezo. O goberno español xustifica esta decisión argüíndo "perdas" nos ingresos das empresas concesionarias.