prision
Presas con discapacidade: duplo cativerio
Discapacidade e presidio na Galiza

Presas con discapacidade: duplo cativerio

Son persoas con discapacidade xulgadas e condenadas a unha pena de prisión. Comparten módulos e un réxime interno de carácter disciplinario moi estrito que malia todo busca a rehabilitación das reclusas e reclusos en igualdade de condicións e oportunidades. No seu caso a realidade debuxa un escenario inzado de límites. No acceso á xustiza, á sanidade, ás comunicacións. Son máis vulnerábeis e teñen dificultades engadidas á hora de exerceren e de reclamaren os seus dereitos. Contan con persoal de apoio dentro e fóra da cadea, pero non abonda. Eis un extracto da reportaxe, publicada no número 332 de Sermos Galiza.

Condenan a 4 anos de prisión a 'Alfon'

A Audiencia provincial de Madrid condenou a catro anos de privación de liberdade ao de Vallecas acusado de portar un artefacto explosivo na folga de 2012. 

A defensa de 'Senlheiro' recorrerá o auto de prisión

Despois de media hora de declaración o xuíz da Audiencia Nacional decretou prisión incondicional contra H.M. “Senlheiro”. O mozo detido en Ames declárase inocente. A defensa pensa recorrer e estuda a presentación dunha denuncia por malos tratos e torturas.

'Senlheiro' declara hoxe perante a Audiencia Nacional

H.M. "Senlheiro" agarda nas dependencias policiais de Canillas o interrogatorio e posterior decisión do maxistrado. A concentración de solidariedade celebrada onte en Compostela rematou en pequenas escaramuzas entre manifestantes e dispositivos da policía española.
Prisión para os primeiros banqueiros islandeses como responsábeis da crise

Prisión para os primeiros banqueiros islandeses como responsábeis da crise

A xustiza deste pequeno país de pouco máis de 300.000 habitantes condena a Larus Welding, ex-conselleiro delegado do banco Glitnir, e Gudmundur Hjaltason, un colaborador seu, a nove meses de cárcere por estaren implicados na mala situación do seu banco, un dos causantes do afundimento económico de Islandia en 2008.
Marcos Cadórniga, sindicalista condenado a prisión: ''Se molestamos é que algo estamos a facer moi ben''

Marcos Cadórniga, sindicalista condenado a prisión: ''Se molestamos é que algo estamos a facer moi ben''

A folga de fame simbólica iniciada por [email protected] da CIG chega ao seu terceiro día. Esta segunda feira unirase CCOO. Ambas as dúas centrais protestan pola sentenza que decreta tres anos de cárcere para tres sindicalistas por participaren nun piquete informativo na folga do comercio de alimentación de novembro de 2009. Considéranse obxecto dun "xuízo político" e rexeitan unha resolución que responde a unha tentativa "de criminalizar a loita obreira"

Ingresa en prisión o independentista detido en Ferrol

Júlio S.S. pasou esta quinta feira a disposición xudicial na Audiencia española e negouse a declarar. A outra arrestada, Sílvia C.S., negou calquera ligazón coa organización Resistencia Galega, á que pretenden vinculala, e quedou en liberdade sen fianza. En virtude da lei antiterrorista, @s dúas foron incomunicadas tan pronto as prenderon. Ela ficou 36 horas nesta situación; el, case 72
Piden 46 anos de prisión para 12 galeg@s que se mobilizaron contra Galicia Bilingüe

Piden 46 anos de prisión para 12 [email protected] que se mobilizaron contra Galicia Bilingüe

A vindeira semana comezará un xuizo contra 12 persoas acusadas de supostos delitos de desorde pública e resistencia á autoridade durante as mobilizacións contra a manifestación de Galicia Bilingüe. Representantes [email protected] [email protected] compareceron, apoiados por Bieito Lobeira, deputado do BNG, Cristina Amor, de AGE, e membros de Causa Galiza para denunciaren o "carácter político" deste xuizo.
Nova condena dun ano de prisión ao sindicalista Antolín Alcántara

Nova condena dun ano de prisión ao sindicalista Antolín Alcántara

A CIG vén de recibir a sentenza do último xuízo contra dous dirixentes da central que participaron na folga do Metal do 2007. A xuíza absolve a Víctor García do delito de desordes públicos e danos. No caso de Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, condénao a un ano de prisión por desordes públicos e absólveo do delito de danos.