prisions
"É urxente a transferencia da sanidade penitenciaria"
Fernando Blanco, avogado e membro de Esculca

"É urxente a transferencia da sanidade penitenciaria"

No que vai de ano morreron nove persoas reclusas na Galiza. Dez desde que en decembro do ano pasado a asociación de funcionarios das institucións penitenciarias Tu abandono  me puede matar comezou a facer reconto en twitter do número de falecidos. Catro en Teixeiro, tres en Pereiro de Aguiar e unha en cada unha das outras tres prisións galegas; Bonxe, Monterroso e A Lama. Sermos Galiza conversa con Fernando Blanco, avogado e integrante de Esculca, o Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades. Eis un extracto da entrevista publicada no número 363 do semanario en papel Sermos Galiza.