proposta
As presións de Madrid levan a Podemos Nafarroa a renunciar á consulta sobre Euskadi
ERREJóN DEFENDE "NACIONALIZAR A CAMPAñA"

As presións de Madrid levan a Podemos Nafarroa a renunciar á consulta sobre Euskadi

No rascuño do programa eleitoral da formación emerxente figuraba como proposta a realización dunha consulta popular para decidir a re-integración de Nafarroa en Euskal Herria. A dirección central de Podemos vetou esa iniciativa, que desaparece finalmente do programa con que a organización de Pablo Iglesias concorrerá nas autonómicas do 24M.

Enrique Iglesias aclara que a proposta do vídeo foi da Xunta

Enrique Iglesias aclara que a proposta do vídeo foi da Xunta

A produtora de Enrique Iglesias responde ás críticas recibida polo investimento de máis de 300.000 euros do orzamento da Xunta no seu videoclip. Di que o encargo foi do goberno galego e anima a visitar “esta fascinante comunidade autónoma española”. 

ALEMAÑA CUALIFICA DE "IRRESPONSÁBEL" O NOVO GOBERNO HELENO

Grecia non aceita a extensión do programa da Troika proposta polo Eurogrupo

Concluíu sen acordo a reunión do Eurogrupo en Bruxelas, após 4 horas de debate e negociación. Atenas non está disposta a aceitar a extensión do programa de austeridade imposta pola Troika. As posicións semellan moi distantes. Shäuble, o ministro de Finanzas alemán, cualificou de "irresponsábel" o novo goberno grego.

OPINIÓN

Proposta de Puntos Básicos para Sermos Maioría

Vivimos un deses momentos na que a historia se acelera, no que nun curto período de tempo pasan moitas cousas, e no que se definen moitas das características da realidade social e política que teremos en anos vindeiros. 

OPINIÓN

Debatendo sobre emigrar ou resistir. Unha proposta para a primeira sesion dos cursos CELGA

Hoxe, 1 de abril, comezan os cursos CELGA en distintas localidades do país. Estes cursos, moitas veces obxecto de polémica, están nestes momentos no centro da crítica: Consellaría de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística deciden prescindir do profesorado colaborador habitual e ofrecer a posibilidade de os impartiren a docentes co seu posto de traballo consolidado. O reclamo para o funcionariado o pagamento como horas extras.  

Festival “De noso”, a proposta galega para o San Froilán

Festival “De noso”, a proposta galega para o San Froilán

A sexta  feira, día 4 de outubro, no mesmo inicio do San Froilán, e en Lugo desenvólvese o Festival “De Noso” que ofrecerá, segundo os seus promotores, a maior presenza de cultura galega nas máis populares festas. Cés Orquestra Pantasmas, Eudemónicas ou Os Tres Trebóns porán música á xornada. 

Acordo CiU-ERC-CUP-ICV: haberá data e pregunta antes de final de ano

Acordo CiU-ERC-CUP-ICV: haberá data e pregunta antes de final de ano

Deron o paso adiante após garantir que será o Parlament quen levará a proposta ao Congreso español e que se acrecenta no texto que o pobo catalán expresou nas eleccións a súa vontade de escoller o futuro e a Cámara ''debe actuar con lealdade completa e coherente a este mandato do pobo''. 

Obama confirma que os EUA explorarán a proposta rusa para Siria

Obama confirma que os EUA explorarán a proposta rusa para Siria

De maneira oficial e desde a propia Casa Blanca. Así confirmou Barack Obama a decisión dos EUA de aparcar o ataque militar para explorar a proposta rusa para Siria. Sen embargo, asegurou que non retiraría o exército até comprobar que Siria poña as súas armas químicas baixo o control internacional.  

Proposta de candidatura ao Consello Nacional do Bloque

Nomes que integran a proposta de candidatura ao Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego aprobada este 9 de Marzo polo máximo órgao da organización frentista entre asembleas. A Asemblea Nacional do BNG vaise realizar este 17 de marzo en Compostela (Pazo de Congresos). Todo apunta a que esta proposta, que encabeza Xavier Vence, será a única que concorra na fase final do proceso asemblear.
A Mesa basea o veto á proposición de autodeterminación en que "incide sobre materias reguladas na Constitución"

A Mesa basea o veto á proposición de autodeterminación en que "incide sobre materias reguladas na Constitución"

Tres días demorou a comunicación ao BNG, Amaiur e ERC do acordo adoptado pola Mesa do Congreso co que se inadmite a trámite a proposición de lei soberanista. O escrito, ao que tivo acceso Sermos Galiza, chegou hoxe aos proponentes. A Mesa indica que a iniciativa podería tramitarse se se acollese a un artigo do regulamento que obrigaría a BNG, Amaiur e ERC a teren o apoio de cando menos un outro grupo parlamentar.