protesta
Pintadas pola liberdade nun baño público
Liberdade de expresión

Pintadas pola liberdade nun baño público

Esculca reivindica a liberdade de expresión, agora si. O acto convocado para o 21 de setembro, suspendido polas malas condicións meteorolóxicas, celebrarase finalmente o día 12 de outubro en Compostela, na praza do Toural, ás 12 horas.

A revolta de Cervo de 1892

A revolta de Cervo de 1892

O 23 de agosto de 1892 a veciñanza de Cervo revólvese contra a concesión da xestión do cobro do imposto de consumos que implicaba unha suba significativa na contía do mesmo. O conflito, que rematará coa morte dalgún veciño e varios feridos, enmárcase na vaga de protestas no conxunto das comarcas galegas ao longo dese ano, nun contexto de fonda crise económica, debilidade do réxime e de grande axitación dos cadros socialistas e republicanos.

Veciñanza de Rianxo recibe Feixoo con ramallos de eucalipto

Veciñanza de Rianxo recibe Feixoo con ramallos de eucalipto

Unha semana despois do incendio que arrasou máis de 1.100 hectáreas Núñez Feixoo acudiu a este concello para participar nun mitin do PP. Un grupo de veciños e veciñas concentráronse para lembrarlle as consecuencias da  política forestal do seu goberno

O persoal de Alcoa segue "en pé de guerra"
NOVA MOBILIZACIÓN

O persoal de Alcoa segue "en pé de guerra"

 

Lonxe de se abateren, as traballadoras e traballadores de Alcoa continúan coas mobilizacións e no mediodía do sábado tinguiron de laranxa –a cor das súas camisolas reivindicativas– a praza de María Pita, na Coruña. Esixen a retirada do ERE que suporía o despedimento do persoal tras o anuncio do feche da planta coruñesa.

VIDEO

Oh! Ayatollah - Volve a canción protesta

A banda Oh! Ayatollah vén de lanzar 'Volve a canción protesta', un adianto do que será o seu primeiro longa duración, producido por Hevi (malandrómeda, Fluzo..). E faino en forma de videoclip. A peza está dirixida por Xaime Miranda.
A Igrexa protesta polas esculturas espidas do artista Ramón Conde

A Igrexa protesta polas esculturas espidas do artista Ramón Conde

“Firen a sensibilidade da xente que se achega á catedral”. A Igrexa revóltase contra a exposición do artista Ramón Conde, organizada polo Concello de Compostela, e, en nota de prensa reclama respecto polo “sentido do pudor” das persoas que visitan o templo. 

O Gamonal reaxe contra a represión con máis protesta

O Gamonal reaxe contra a represión con máis protesta

Após catro días de mobilizacións contra a construción dun aparcadoido subterráneo, a veciñanza do barrio burgalés do Gamonal continúa cos protestos malia a represión policial. @s manifestantes sinalan que as súas denuncias van para alén do rexeitamento ás obras nun barrio obreiro atinxido por un 20% de desemprego. 

12 de Xuño: a clase obreira protesta contra a embestida da Troika

12 de Xuño: a clase obreira protesta contra a embestida da Troika

Unha greve xeral en Ferrolterra coa correspondente manifestación que se realizará ás 12h completarase pola tarde con outras tres mobilizacións convocadas pola CIG en Vigo, Compostela e Ribeira para rexeitar unhas políticas que xeran "fame e miseria" e que elevaron as cifras do desemprego até os níveis máis altos desde 2008

"De ratos e nenos", vídeo-protesta dun colexio contra o repago no comedor

"De ratos e nenos", vídeo-protesta dun colexio contra o repago no comedor

Cando van comezar as vacacións, moitas familias saben que o curso que vén será aínda máis costa arriba no comezo escolar. Os comedores escolares deixarán de ser gratuítos e en sinal de protesta, a ANPA do colexio San Sadurniño está a difundir “De ratos e nenos”, o vídeo co que manifestan a inxustiza da medida. Video no interior. 

OPINIÓN

A criminalización da protesta

  Hoxe ao erguerme da cama lembrei que houbo un tempo, chamábano das “vacas gordas”, no que segundo reflexan algúns libros de historia  todo o mundo pasaba as vacacións en Cancún, todo o mundo tiña cartos para pagarlles os estudos aos [email protected] en Harvard, todo o mundo ceaba en restaurantes de cinco garfos cando menos catro días á semana e todo o mundo tiña no garaxe cando menos un cayenne e dous
Tensión na protesta polas preferentes no Congreso do PP en Silleda

Tensión na protesta polas preferentes no Congreso do PP en Silleda

Centos de manifestantes arrodean o recinto feiral da Semana Verde de Silleda diante dun forte dispositivo policial. Pouco antes do mediodía vivíronse momentos de tensión entre manifestantes e Garda Civil con derrube de valado incluído. Segundo informa a Cadena SER a coordinación deste dispositivo policial esta dirixido persoalmente polo subdelegado do Goberno central en Pontevedra.

Xornada de protesta do naval e da cultura

Xornada de protesta do naval e da cultura

Naval e cultura levarán ás portas do Parlamento de Galiza as súas protestas. Dous sectores diferentes, mais ambos os dous de importancia para o país e que atravesan crises ás que o desleixo da Xunta non é, en absoluto, alleo
Protestas contra Rajoy e Feijóo en Compostela

Protestas contra Rajoy e Feijóo en Compostela

Un Rajoy nervioso non quixo responder á preguntas da prensa no acto entrega da medalla da Gran Cruz da Orde de Isabel La Católica ao ex-presidente da Xunta, Fernández Albor. No exterior, a Plataforma de [email protected] polas Preferentes de Compostela e Ferrol berraban consignas contra os que consideran culpábeis da súa situación.
Ducias de persoas protestan diante do BBVA contra o desafiuzamento dunha familia en Compostela

Ducias de persoas protestan diante do BBVA contra o desafiuzamento dunha familia en Compostela

A concentración trascorreu diante da sucursal que o banco ten no barrio de Conxo, onde residen @s [email protected] O director escoitou as demandas da Plataforma Stop-desafiuzamentos após informar @s activistas doutra protesta para esta sexta feira, desta volta diante das oficinas centrais da entidade na capital galega. O goberno local do PP botou embaixo dúas mocións pola dación en pagamento
O goberno español avala a malleira ao sindicalista Pintos e di que a protesta "era ilegal"

O goberno español avala a malleira ao sindicalista Pintos e di que a protesta "era ilegal"

Os responsábeis comarcais de CIG, CC.OO., UGT e USTG censuran as palabras do Delegado do Goberno español na Galiza, Samuel Juárez, quen apuntou que na protesta realizada a noite en que arrincou a campaña electoral diante do hotel onde iniciaba o PP a pegada de carteis, @s manifestantes "actuaron con violencia". Negou a investigación exixida polos sindicatos, que denuncian un uso desmedido da forza por parte dos antidisturbios
OPINIÓN

(X) Protesta

TRABALLO: A Revolta de Haymarket, en Chicago, culminou unha serie de protestas iniciadas un primeiro de maio na que os obreiros reclamaban a xornada laboral de oito horas (a conmemoración do día do traballo ten a súa orixe nestes feitos).