protestas
“O Goberno de Lenín Moreno é unha ditadura; estanos matando”
Francisco Chacha, activista ecuatoriano

“O Goberno de Lenín Moreno é unha ditadura; estanos matando”

Francisco Chacha (1997), profesor de Educación Especial, leva no activismo político no Ecuador desde os 15 anos. Estes días está a vivir en carne propia as protestas no país e a violenta resposta por parte das forzas de seguridade do Estado. Falamos con el.

Así se manipula  na CRTVG

Así se manipula na CRTVG

“Técnica da compensación” para amolecer o impacto das noticias sobre corrupción. Inflacción de voces dun mesmo signo político. Modificación unilateral das informacións. Marxinación nas escaletas de asuntos contrarios a determinado partido. Inestabilidade laboral das e dos xornalistas que cobren “temas delicados”. Eis as formas de adulterar a materia informativa nos medios públicos de comunicación. Deixamos aquí un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza número 303.

Protestas na Galiza ante o gasto de 1.920 millóns de euros no AVE Madrid-Alicante

Protestas na Galiza ante o gasto de 1.920 millóns de euros no AVE Madrid-Alicante

Case á mesma hora as estacións dos camiños de ferro de Galiza e do Estado ofrecían moi diversa imaxe. En Alicante, Mariano Rajoy o príncipe Felipe e a ministra Pastor inauguraban a liña do AVE desde Madrid que supuxo un investimento de 1.920 millóns de euros. Nas estacións galegas, o BNG protagonizaba concentracións para denunciar o desmantelamento do ferrocarril anunciada recentemente por Fomento. 

Rebelión contra as quitas

Rebelión contra as quitas

Xornada de protestas, tensións e mobilizacións en diferentes cidades e vilas galegas contra as novas quitas impostas aos e ás posuidoras de preferentes. "É unha barbaridade, estanse a rir de nós", manifestan desde as plataformas de [email protected]

[email protected] polas preferentes reteñen na depuradora de Vigo o delegado do Goberno e o conselleiro de Medio Ambiente

Perto de 250 persoas rodearon as instalacións da depuradora de Vigo, que visitaban o delegado do goberno español na Galiza e o conselleiro de Medio Ambiente, e que precisaron dun cordón policial para abandonar a zona. A indignación entre os milleiros de [email protected] [email protected] polo calote vai en aumento a medida que pasa o tempo sen que o goberno sequera intente dar una solución
Protestas contra Rajoy e Feijóo en Compostela

Protestas contra Rajoy e Feijóo en Compostela

Un Rajoy nervioso non quixo responder á preguntas da prensa no acto entrega da medalla da Gran Cruz da Orde de Isabel La Católica ao ex-presidente da Xunta, Fernández Albor. No exterior, a Plataforma de [email protected] polas Preferentes de Compostela e Ferrol berraban consignas contra os que consideran culpábeis da súa situación.
As protestas contra o reitor obrigan a suspender o claustro da USC

As protestas contra o reitor obrigan a suspender o claustro da USC

Estudantado e persoal de administración e servizos exixiron a dimisión de Juan Casares Long após boicotearen a xuntanza en que quería someter a votación a folla de ruta dos seus orzamentos para 2013 e o seu plan de acción para 2013-2014, na procura duns apoios que no pasado ano non fora quen de xuntar
As numerosas protestas fixeron recuar a Xunta nas fumigacións aéreas de eucaliptais

As numerosas protestas fixeron recuar a Xunta nas fumigacións aéreas de eucaliptais

Nun documento remitido ao Valedor do Pobo, a Secretaría xeral de montes confirma que non autorizou o uso do praguicida Cascade polo aire. Porén, confirma as sospeitas da Plataforma contra as fumigacións ao dar a entender que o produto foi usado en tratamentos por terra contra o gorgullo do eucalipto. O produto está catalogado como tóxico pola UE e o seu uso ficará prohibido a partir de xaneiro de 2013
Menor partipación e protestas en Vigo

Menor partipación e protestas en Vigo

A mañá rexistrou 4 puntos menos de participación que nos anteriores comicios. No ambiente da xornada está a resaca das mobilizacións que marcaron o mandato na cidade olívica. Feijóo é recibido con apupos cando se dispuña a votar.
Reformar o código penal para disuadir e reprimir as protestas

Reformar o código penal para disuadir e reprimir as protestas

A reforma do Código Penal aprobada polo Consello de [email protected] a pasada sexta, introduce elementos novos no ordenamento xurídico español. Para alén da prisión permanente revisábel –que supón unha cadea perpetua encuberta--, o proxecto promovido polo Ministerio de Xustiza español pretende tipificar como delitos penais cuestións até o de agora consideradas como faltas. 

Medra a contestación social contra o 'despezamento' do Público
EDUCACIÓN

Medra a contestación social contra o 'despezamento' do Público

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público segue co calendario de peches rotatorios nos centros: nesta semana toca Vigo, A Coruña, Pontevedra, Lugo e Burela. A Plataforma en Defensa do Ensino Público, pola súa banda, apoia a folga desta terza, convocada na Galiza só por CC.OO, e chama ás mobilizacións desta noite e ás manifestacións de mañá. Un grupo de estudantes de Socioloxía na UdC decidiron en asemblea ocupar a facultade
Noite de 'okupas' contra o decreto de Wert
EDUCACIÓN

Noite de 'okupas' contra o decreto de Wert

Un numeroso grupo de nais, pais, estudantado e docentes remataron esta terza ás nove da mañá o primeiro encerro dunha cadea que irá rotando polos IES do país até o 1 de xuño para exixir á Xunta que non aplique os recortes no ensino público e que denuncie o RD 14/2012 perante a Xustiza
Dúas persoas detidas no segundo desaloxo da Porta do Sol
15M

Dúas persoas detidas no segundo desaloxo da Porta do Sol

A Policía española baleirou a praza de madrugada por segundo día consecutivo e identificou 81 persoas ''a raíz dunha estraña disputa que rompeu a tranquilidade da asemblea'' en que debatían se seguían ou non coa asentada, segundo conta o propio movemento 15M
O estudantado galego érguese contra os recortes
POR UN ENSINO PÚBLICO E GALEGO

O estudantado galego érguese contra os recortes

Até 20 mobilizacións en toda Galiza advirten a Feijóo de que o estudantado ''rexeita estes recortes e denuncia que con eles se ataca gravemente o ensino público e a súa calidade, así como o dereito de igualdade de oportunidades do alumnado, que aumentará o fracaso escolar e despedirá máis de 2000 docentes''. Así o recolle o manifesto da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que foi lido ao remate da concentración, diante da Xunta