publicos
Medios públicos, a eterna materia pendente
CRTVG

Medios públicos, a eterna materia pendente

Seis anos despois, a lei dos medios públicos está sen desenvolver nos aspectos que farían aumentar a pluralidade e a profesionalidade. Escribimos ao redor da CRTVG no Sermos Galiza 280. Eis un extracto.

Guadi Galego: “O corpo pedíame arriscar co pop e o resultado foi que viñeron novos públicos”
TRES MIL DISCOS VENDIDOS EN DOUS MESES CON "LUAS DE OUTUBRO E AGOSTO"

Guadi Galego: “O corpo pedíame arriscar co pop e o resultado foi que viñeron novos públicos”

Tres mil discos vendidos en dous meses é unha marca difícil de igualar na música galega. Conseguiuno Lúas de outubro e agosto, de Guadi Galego. Máis de sesenta mil persoas viron nese tempo o videoclip da súa canción “Matriarcas”, que orixinou tamén un debate arredor da maternidade. Guadi Galego bota a andar agora a xira de presentación do disco. 

OPINIÓN

O asalto aos servizos públicos

Após un período de proteccionismo, debido ás dúas guerras mundiais e á experiencia da Grande Depresión, rexurde a vontade de propiciar o libre comercio eliminando as trabas existentes. E así que a ONU, nunha asemblea en 1947, elaborou unha carta para a creación dunha Organización Internacional do Comercio (OIC) tendente a reducir os aranceis e suprimir a discriminación no comercio. 

 Educación pechou en Galiza 108 colexios públicos desde o 2007

Educación pechou en Galiza 108 colexios públicos desde o 2007

Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) acusa á Xunta de levar a cabo unha política “de esganamento" do ensino público no rural, unha dinámica que, sostén, verase acentuada coa Lomce. E esa modificación vai implicar a redución dos centros de ensino públicos no medio rural, asinando así "a sentenza de morte definitiva"

"Os medios de comunicación públicos están secuestrados"

"Os medios de comunicación públicos están secuestrados"

Galiza Ano Cero saiu á rede e en menos de 24 horas conseguiu unha sexta parte do orzamento que precisa para botar a andar. "É un proxecto bastante aberto", aseguran @s [email protected], con vocación de "xerar unha comunidade" que faga esoutra televisión. A que non hai. Polo de agora, os apoios recibidos e o agarimo que numerosas persoas lles fixeron chegar deixa ver que un obxectivo está cumprido. Hai alguén do doutro lado da pantalla que ten gañas de escoitar o que teñen que dicir.

A peaxe de Chipre polo rescate: recortes en pensións e salarios, despedimento de funcionarios e repagamento

A peaxe de Chipre polo rescate: recortes en pensións e salarios, despedimento de funcionarios e repagamento

A Troika xa ten o documento que recolle as condicións que ten que cumprir esta illa por ser 'rescatada'. Contempla unha manchea de exixencias, desde unha liberalización do mercado laboral até botar á rúa a 4.500 [email protected][email protected], pasando por tesoirada ás pensións e o aumento en dous anos da idade de xubilación. Mesmo se fixa un imposto para orfos e viúvas

 

A Xunta desoe as propostas da oposición e non gravará as rendas máis altas

A Xunta desoe as propostas da oposición e non gravará as rendas máis altas

Nin reforma fiscal nin novo modelo de financiamento para Galiza. Cumprimento do défice e máis austeridade. Esas son as premisas que marcarán a política orzamentaria do goberno de Núñez Feijóo para 2013. Así o debullou a conselleira de Facenda nesta cuarta feira en que encetou o proceso lexislativo dos Orzamentos da Xunta.
Conas Ceives: ''A forza colectiva das mulleres no rural xa non existe; cómpre recuperarmos os espazos públicos''

Conas Ceives: ''A forza colectiva das mulleres no rural xa non existe; cómpre recuperarmos os espazos públicos''

Vai alá máis dun mes desde que un grupo de veciñas do Val da Amaía pariron esta agrupación que pretende rachar co patriarcado xa desde o propio nome. Ao lles preguntar pola súa misión nesta loita, escollen as palabras coas que Kapuściński falaba da profesión xornalística: "O noso traballo non consiste en pisar as cascudas, senón en prender a luz e que a xente vexa como as cascudas corren para se agocharen". En definitiva, sinalar o machismo co dedo e erguer a voz contra a complicidade do silencio