queremos-galego
O difícil camiño da lingua nas aulas
40 ANOS DE GALEGO NO ENSINO

O difícil camiño da lingua nas aulas

O Boletín Oficial do Estado publicaba un 21 de agosto de hai 40 anos a norma oficial que abría a porta ao galego no ensino público. Aquel paso histórico iniciou a peripecia difícil, con voltas adiante e atrás, da lingua na escola. Expertas e activistas valórana, mais alertan da situación actual e do retroceso que supuxo, por primeira vez en catro décadas, o chamado Decreto do Plurilingüismo de 2010. A versión oficial, emitida desde a Xunta, resulta máis conformista.

Miles de persoas piden no 17M  "liberdade, igualdade e xustiza" para o galego
NAS 12 MOBILIZACIÓNS DE QUEREMOS GALEGO

Miles de persoas piden no 17M "liberdade, igualdade e xustiza" para o galego

A demanda de “liberdade, igualdade e xustiza” para o galego da man da plataforma Queremos Galego protagonizou o Día das Letras Galegas. Doce mobilizacións decorreron noutras tantas cidades e vilas galegas para defender compromisos e políticas que permitan reverter a situación “crítica” do idioma propio.

Esquerda Unida chama a se sumar ás mobilizacións de Queremos Galego

Esquerda Unida chama a se sumar ás mobilizacións de Queremos Galego

Esquerda Unida chamou esta quinta feira a se sumar ás mobilizacións convocadas por Queremos Galego para reivindicar “liberdade, xustiza e igualdade” para a lingua propia de Galiza este 17 de maio en 13 cidades e vilas do país. “É unha chamada a prol do galego e ten que persistir os 365 días do ano”, afirmou a súa coordinadora nacional e deputada de En Marea Eva Solla.
 

Trece manifestacións pola “liberdade, igualdade e xustiza” para o galego
Convoca Queremos Galego este 17 de maio

Trece manifestacións pola “liberdade, igualdade e xustiza” para o galego

“Liberdade, igualdade e xustiza” para a lingua di a palabra de orde coa que a plataforma Queremos Galego convocou este 17 de maio 13 manifestacións en 13 localidades distintas. Estas mobilizacións simultáneas servirán para “deslocalizar” a gran marcha que, nos últimos anos, viña percorrendo Compostela.
 

17 de maio: “Liberdade, igualdade e xustiza para o galego”
Manifestacións simultáneas de Queremos Galego en vilas e cidades

17 de maio: “Liberdade, igualdade e xustiza para o galego”

“A situación do galego é crítica: pola falta de transmisión interxeracional, polas dificultades para o seu coñecemento, polas dificultades tamén legais para empregalo con normalidade, pola inactividade do Goberno galego”. Así debuxou a situación Marcos Maceira, portavoz de Queremos Galego, na presentación das mobilizacións para este 17 de maio.
 

Queremos Galego e o Goberno local chaman a rexeitar a sentenza do Supremo contra o galego
6 de marzo perante o Concello de Lugo

Queremos Galego e o Goberno local chaman a rexeitar a sentenza do Supremo contra o galego

O Tribunal Supremo ditou sentenza “ideolóxica” e rexeitou o recurso do Concello de Lugo pola decisión do Superior a respecto da ordenanza de normalización lingüística da cidade. É por isto que a plataforma Queremos Galego e mais o Goberno local do PSdeG chaman a se manifestar esta cuarta feira, 6 de marzo, ás 10.00 horas perante o Concello lucense.
 

Queremos Galego convoca unha protesta contra a sentenza do Supremo
Seis de marzo fronte ao Concello de Lugo

Queremos Galego convoca unha protesta contra a sentenza do Supremo

“Sentenza ideolóxica” e “prexuízos políticos”´definen, ao ver da plataforma Queremos Galego e da Mesa pola Normalización Lingüística, a sentenza coa que o Tribunal Supremo rexeitou o recurso do Concello de Lugo contra a sentenza do Superior que anulaba parcialmente a ordenanza de normalización da cidade. Por iso, Queremos Galego convoca unha concentración o vindeiro 6 de marzo, cuarta feira.
 

OPINIÓN

Atrancos, eivas e retos da cuestión lingüística

Máis un ano, a manifestación en Compostela a prol da defensa e promoción da lingua nacional de Galiza foi un éxito. Milleiros de persoas de todas as idades, do mundo urbano e rural, participaron dunha mobilización que denuncia a diminución do apoio ao idioma galego e á...

OPINIÓN

Foi un éxito a manifestación do 17 de maio? Debullemos

A manifestación a prol da lingua galega convocada por Queremos Galego ateigou este 17 de maio a Praza da Quintana en Compostela. Pódese considerar unha das marchas que acadou maior asistencia das realizadas até o momento. Serían 25.000...

Miles de persoas converten Compostela nun clamor polo dereito a vivir en galego sen límites
A marcha ultrapasa a asistencia de 2016

Miles de persoas converten Compostela nun clamor polo dereito a vivir en galego sen límites

Unha maré de xente enche as rúas da capital de Galiza na convocatoria de Queremos galego para o 17M. “A nosa forza e constancia pode reverter a situación” na que se atopa o idioma propio de Galiza, animou Marcos Maceira, portavoz da plataforma, perante unha Praza da Quintana que ficou pequena para acoller a masiva afluencia en defensa do galego.

O amor pola lingua desborda a Praza da Quintana
MANIFESTACIóN DO 17M

O amor pola lingua desborda a Praza da Quintana

[EN ACTUALIZACIÓN] Ao berro de "Na Galiza, en galego" deu comezo a manifestación convocada por Queremos Galego con motivo do Día das Letras. A mobilización, masiva, partiu pasadas as 12.15h da Alameda de Compostela.