quique-gonzalez
Máis emoción que beleza nun derbi sen goles
Dépor-Lugo (0-0)

Máis emoción que beleza nun derbi sen goles

Postos a procurar un heroe, non hai dúbidas: Juan Carlos, o gardamallas do Lugo. Postos a subliñar unha decisión técnica dificilmente comprensíbel, tampouco: a suplencia de Quique González no Dépor. Postos a tirarmos conclusións do primeiro derbi galego da temporada, hai unha que se destaca sobre as demais: o Dépor non atravesa o mellor momento do curso e o Lugo é un combo serio e difícil de bater. Si, un combo capaz de sobrevivir nun campo como Riazor en inferioridade numérica.

O Dépor ten moita dinamita arriba

O Dépor ten moita dinamita arriba

Resultado inxusto? Talvez. Mais isto do fútbol vai a goles e o Deportivo ten esta temporada dous puntas top que, alén de máis, viven en estado de graza. Deixarse ver por Riazor é nestas condicións un tormento para os visitantes.

OPINIÓN

A chilena máis cara xamais cobrada

Nunca saberemos cómo acabaría o partido con todos os homes no campo e que un exceso arbitral estragou. Si, porque a expulsión de Quique González é inxusta a todas luces. Nunca un xesto técnico, de fútbol, pode ser castigado cun cartón vermello. Obviamente,...

Eses empates con perfume a vitoria

Eses empates con perfume a vitoria

Se xogas na casa co líder, vas perdendo no minuto 54 —case no primeiro chut á túa portería— e aínda por cima te expulsan un xogador —o teu mellor puñal en ataque—, daquela acabas vivindo o empate final como unha vitoria.

OPINIÓN

Riazor faise valer

Cambiou o Dépor. Mellorou. Gustou. Non só foi unha cuestión de resultado, a segunda na casa no que vai de campionato. Dúas vitorias de dous partidos xogados en Riazor. Que dure. Foi tamén a sensación de que o partido non correu risco, onde o dominio, globalmente, foi do...

Un Dépor solvente

Un Dépor solvente

En Riazor están prohibidas as vitorias sen suspense e o partido desta segunda feira reservou tres minutos de zozobra, os finais. Mais no cómputo global o Dépor foi unha equipa solvente e cumpridora en case todas as facetas do xogo. E cun puñal arriba, un Quique González que volveu da lesión en estado de graza. A vitoria coloca o combo coruñés en postos de play off.

Tres puntos sen brillo tamén valen
Vitoria do Dépor en Estremadura

Tres puntos sen brillo tamén valen

O edificio do ascenso adoita facerse con tixolos así, partidos sufridos, en que moitas veces estás máis perto da derrota do que da vitoria, partidos con cero jogo bonito, mais finalmente rentábeis. O Dépor cazou no campo do Estremadura o seu primeiro triunfo da longa e tortuosa andaina desta Segunda División. E, si, tivo máis protagonismo o gardamallas Dani Giménez do que a vangarda do ataque branquiazul. Mais tanto ten, tres puntos son tres puntos.