ramon-otero-pedrayo
'Arredor de si' como exercicio de “nacionalización literaria”
Reedición do ensaio de Villares sobre Otero Pedrayo

'Arredor de si' como exercicio de “nacionalización literaria”

“Aquí remata o primeiro, longo e tráxico estadio do vivir de Adrián Solovio. Dende agora identifícase coa vida de Galiza”. É así como Otero Pedrayo pon o ramo a unha das súas novelas máis sonadas, Arredor de si (1930). A partir dela o historiador Ramón Villares traza un ensaio sobre o devalar intelectual dunha xeración, a Nós, agora reeditado por Galaxia: Fuga e retorno de Adrián Solovio.
 

Otero Pedrayo, cineasta
Galaxia recupera o seu guión sobre o Camiño de Santiago

Otero Pedrayo, cineasta

Só o que a investigadora Laura Tato Fontaíña describe como “desinterese dos galeguistas desta época polo cinema” opacou as intensas, promiscuas, relacións de Ramón Otero Pedrayo coa arte por excelencia do século XX. O rescate dun seu guión sobre o Camiño de Santiago volve colocalas en primeiro plano.