rebeldia
Viva a república social e federal! A rebelión dos Galaicos de 1873

Viva a república social e federal! A rebelión dos Galaicos de 1873

É unha expresión da oposición galega a política centralizadora do Goberno do Estado. Exemplifica a vinculación histórica entre a cuestión nacional e social evidente ao longo de todo o século XIX e tamén do XX. Significa, tamén, como aquelas posicións máis avanzadas no social teñen o seu correlato nunha alternativa de vangarda no nacional. Estamos, á fin, diante dunha das múltiples manifestacións da rebeldía galega coa reivindicación nacional como bandeira.

Historias de rebeldía labrega
Presentación en Tui da monografía de 'Sermos'

Historias de rebeldía labrega

Durante moito tempo, as revoltas populares que puntuaron en Galiza a Restauración careceron dun relato coherente. Aparecían en historias locais ou como episodios illados de malestar social. A monografía Rebeldía galega contra a inxustiza, publicada por Sermos Galiza, procura outro relato dunha época de “dignidade, combatividade e rebeldía do pobo galego”.
 

"O 'terrorismo lúdico' é defender a humanidade a través do sorriso"

"O 'terrorismo lúdico' é defender a humanidade a través do sorriso"

Iván Prado é integrante de Pallasos en rebeldía, un movemento cultural, social, que defende "a humanidade" a través do sorriso. Do humor. Con este "espazo de solidariedade internacional" viaxan ao centro dos conflitos que atinxen os pobos sahariano e palestiniano mais tamén ás comunidades indíxenas mexicanas. Desde o Líbano, partillou unha conversa 'virtual' con Sermos Galiza.

Silvia Bermúdez, voluntaria: ''Foi o pobo galego quen fixo o traballo do goberno para dar unha resposta de emerxencia''
OS NOMES DE NUNCA MáIS

Silvia Bermúdez, voluntaria: ''Foi o pobo galego quen fixo o traballo do goberno para dar unha resposta de emerxencia''

Entrementres o Prestige partía en dous e descarregaba 70 mil toneladas de chapapote na costa galega, Silvia Bermúdez estudaba dereito. Soubo do naufraxio pola prensa, e pola prensa soubo tamén das mentiras, da fenda imperceptíbel que tiña o barco, dos ''hilillos de plastilina'' que derivaron nunha marea negra. Dez anos despois segue a exixir responsabilidades, mais recoñece que ''os auténticos responsábeis'' non sentarán nunca no banco [email protected] [email protected]