recorta
Bruxelas recorta naquelas partidas máis ‘galegas’

Bruxelas recorta naquelas partidas máis ‘galegas’

A Comisión Europea propón recortes nas axudas agrarias e de cohesión para o período 2021-2027, dúas das políticas que tiñan Galiza como un dos países destinatarios. O impacto da tesoirada preocupa e non se limita ao sector primario. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no Sermos Galiza 296.

CRTVG recorta o tempo do BNG sen contar co aval da XEP e sen agardar ao Supremo

CRTVG recorta o tempo do BNG sen contar co aval da XEP e sen agardar ao Supremo

A TVG aplicou unilateralmente a súa proposta de redución do tempo do BNG nos informativos sen agardar a que fose validada pola Xunta Eleitoral Provincial nen a que se pronunciase o Tribunal Supremo. Fíxoo no TX2 desta cuarta feira. Tirou 9 segundos ao BNG e deulle máis tempo a AGE. De acordo coa doutrina da Xunta Eleitoral Central, era a XEP quen debía "corrixir" o plano de cobertura da CRTVG e non a dirección xeral desta compañía.

A Xunta recorta nun 51% os fondos encamiñados a combater o paro

A Xunta recorta nun 51% os fondos encamiñados a combater o paro

A Consellaría de Traballo recorta de 93 a 49 millóns de euros os fondos destinados a combater o paro e desenvolver políticas activas de emprego. Unha tesoirada que cae de cheo nunha Galiza con perto de 278.000 desempregados e que vén engadirse ás protagonizadas pola Xunta neste eido en anos anteriores
A Xunta recorta un 4% o soldo d@s funcionari@s

A Xunta recorta un 4% o soldo [email protected] [email protected]

Máis de 200 [email protected] concentráronse ás portas da Egap, onde o director xeral da Función pública mantivo unha xuntanza coa conselleira de Facenda e con representantes sindicais de CIG, CSIF, CCOO e UGT para negociar a baixada nos seus soldos, que se estimaba nun 7% e quedou finalmente nun 4%. Recortaranlles as dúas pagas extra do ano que vén nun 40%