Co obxectivo de exixir á Xunta que garanta o persoal necesario para a atención á diversidade, unha plataforma de familias que se agrupan baixo o lema Dereitos, non parches convoca para esta cuarta feira unha concentración diante do edificio administrativo da Coruña. A convocatoria, prevista para as 11 horas, está aberta a familias, profesionais da educación e calquera persoa "que se sinta apelada pola necesidade de garantir a correcta atención á diversidade na educación", sinala a entidade convocante.
Á volta do verán a Galiza contará con 6 escolas unitarias menos baixo a escusa de non chegaren a contar con 6 matrículas cada unha delas. Ademais, a Consellaría de Educación, Universidade e Formación Profesional elimina para o curso 2019/2020 até 67 unidades de educación infantil, primaria e educación especial. Pola contra, só crea 25 unidades educativas novas.
Un comunicado do Hospital Povisa sinala que a orde transmitida ao seu cadro de persoal en relación á redución da realización de probas está motivada por “recomendacións médicas”. Retrucou así ao BNG após a organización nacionalista ter denunciado a medida comunicada pola dirección de Povisa ás traballadoras e traballadores.
Unha maré de persoas respondeu á convocatoria de SOS Sanidade Pública contra os recortes sanitarios e contra a precarización. Feixoo, deslocado a Madrid para participar na manifestación de PP, Ciudadanos e Vox contra o Goberno de Pedro Sánchez, foi o gran protagonista das consignas que se berraron en Compostela.
A plataforma PACS en pé de Guerra vén de concentrarse perante o Parlamento de Galiza en protesta contra a falta de recursos humanos e materiais e demandando melloras no seu labor existencial. A protesta coincide coa Comisión de Investigación no Parlamento pola morte dun paciente no PAC da Estrada.
Manuel Martín, médico de Atención Primaria e portavoz da plataforma SOS Sanidade Pública, radiografía nesta entrevista concedida a Sermos Galiza os motivos dos atrasos na expedición de citas médicas, das demoras excesivas nas salas de espera dos centros de saúde ou do estado de saturación que padece o persoal facultativo. Centra a súa crítica no Goberno de Alberto Núñez Feixóo, a quen acusa de recortar orzamentos na sanidade pública e de favorecer a sanidade privada.
Retrasos na expedición de citas, demoras excesivas nas salas de espera dos centros de saúde, profesionais saturadas e saturados… Estas son algunhas das consecuencias da política de substitucións do Sergas nos meses de verán e que son cuestionadas pola maioría de axentes que interveñen na atención primaria. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 307 de Sermos Galiza.
A Comisión Europea propón recortes nas axudas agrarias e de cohesión para o período 2021-2027, dúas das políticas que tiñan Galiza como un dos países destinatarios. O impacto da tesoirada preocupa e non se limita ao sector primario. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no Sermos Galiza 296.
“Non está xustificado un recorte coma este, é facernos traballar en situacións de total precariedade”. Esta é a opinión de Pilar Fernández, fiscal especializada en violencia machista, sobre a falta de substituta ou substituto do xuíz titular desta sección nos xulgados da Coruña. A funcionaria responsabiliza a Xunta de falta de compromiso político na loita contra esta problemática estrutural.
Baixo o eufemismo das externalizacións agóchanse millóns de euros destinados á privatización, un negocio que lastra a sanidade pública galega. Por algo o noso país é un dos territorios do Estado que máis privatización soporta neste ámbito. Deixamos un extracto da reportaxe que publicamos no Sermos Galiza 228 e no que explicamos que o 2017 enceta, a nivel sanitario, con máis recortes e maior lucro para as grandes empresas.
Cisma na socialdemocracia gala, após o novo primeiro ministro, Manuel Valls, anunciar un xigantesco recorte no gasto público de 50.000 millóns de euros, un plano aplaudido desde a contorna de Sarkozy. "Miterrand fixo que Franza se desfixera do comunismo. Hollande vai facer que Franza se desfaga do socialismo", din desde a dereita.