recurso
O Supremo confirma a nulidade do nomeamento dunha irmá do portavoz do PP no Valedor do Pobo
O TS REXEITA O RECURSO DA VALEDORA

O Supremo confirma a nulidade do nomeamento dunha irmá do portavoz do PP no Valedor do Pobo

A oposición pide o cesamento de Milagros Otero como valedora do Pobo e lembra ao PP que se comprometera a retirar a confianza á Valedora se o recurso desta perante o Supremo non prosperaba. O Tribunal Supremo vén de rexeitar o recurso de Otero contra o auto do TSXG que consideraba probado o trato de favor a unha irmá do portavoz parlamentar do PP.

A Plataforma polo Dereito ao Aborto carga contra a Xunta

A Plataforma polo Dereito ao Aborto carga contra a Xunta

O recurso presentado pola aseguradora do Sergas contra a sentenza que o condena a pagar 273.139,82 euros logo de derivar un aborto a Madrid que rematou con graves danos á paciente segue a espertar reaccións. A Plataforma polo Dereito ao Aborto pon a súa ollada na Xunta de Galiza, “quen ten a competencia de parar isto  non ten a máis mínima intención de facelo”.

ProLingua celebra a admisión polo Tribunal Supremo do recurso da RAG contra o decreto

ProLingua celebra a admisión polo Tribunal Supremo do recurso da RAG contra o decreto

Prolingua celebra a través dun comunicado a admisión a trámite por parte do Tribunal Supremo do recurso de casación presentada pola Real Academia Galega, en tempo da presidencia de Ferrín, contra o Decreto de Plurilingüísmo. Destacan que é a primeira vez que un recurso en defensa do galego chega ao Supremo e pídenlle á RAG que continúe coa defensa xurídica do galego. 

O ILG súmase ao Consello da Cultura e nega ter presionado á Academia

O ILG súmase ao Consello da Cultura e nega ter presionado á Academia

O Instituto da Lingua Galega nega ter presionado á Academia para que retirara o recurso contra o decreto do plurilingüismo como denunciou o secretario da institución, Xosé Luis Axeitos. O ILG ven de facer público o comunicado un día despois de que o Consello da Cultura Galega se posicionara no mesmo sentido.
Urdangarín tentará anular o caso Nóos perante o TC

Urdangarín tentará anular o caso Nóos perante o TC

O avogado do duque vén de presentar un escrito ao xuíz instrutor do caso, José Castro, en que asegura que o seu mandante viu vulnerado o seu dereito á lexítima defensa durante o proceso. O letrado apelará ao Tribunal Constitucional na procura de impugnar e anular o proceso penal arredor do que foi imputado o xenro do Borbón.
O BNG revólvese perante o veto a Amaiur de PSOE e UPyD no recurso ao pensionazo

O BNG revólvese perante o veto a Amaiur de PSOE e UPyD no recurso ao pensionazo

PSOE e UPyD impediron que o recurso perante o Tribunal Constitucional contra o 'pensionazo' tamén fose asinado por Amaiur, vetando así unha actuación conxunta de gran parte das forzas da oposición con representación no Congreso. Aliás, o BNG foi o impulsor deste recurso, do cal agora PSOE e UPyD queren excluír a formación abertzale.
A xustiza desestima o recurso de Galicia Bilingüe: a consulta do PP ás familias, seis veces ilegal

A xustiza desestima o recurso de Galicia Bilingüe: a consulta do PP ás familias, seis veces ilegal

O colectivo que preside Gloria Lago quería escoller a lingua nas aulas tamén na primaria, nos libros de texto e nas comunicacións oficiais da consellaría de Educación. En base ao sinalado nas outras cinco sentenzas, o TSXG recalca que corresponde á administración regular o idioma a usar nos centros de ensino non en función das preferencias de proxenitores ou alumnado, senón atendendo a criterios pedagóxicos
Nunca Máis presenta recurso contra o Plan de Continxencias da Xunta

Nunca Máis presenta recurso contra o Plan de Continxencias da Xunta

Mañá retómase o xuízo polo afundimento en 2002 do petroleiro diante das costas galegas. Este mes declararán como acusados o capitán do buque, o xefe de máquinas e o ex-director xeral da Mariña Mercante. A Plataforma Nunca Máis presentou un recurso contra o Plan Territorial de Continxencias (CAMGAL).