reimondez
"Responderei ás preguntas do publico lector sobre a novela"
SERMOS PUBLICARá OS TEXTOS DE MARÍA REIMÓNDEZ DESDE A INDIA

"Responderei ás preguntas do publico lector sobre a novela"

A protagonista da nova novela de María Reimóndez é MK, unha cantante que antes foi Manimekalai, unha nena do Támil Nadu rural. Desde alí, a escritora responderá ás preguntas do público lector arredor do mundo de A música dos seres vivos, a terceira novela do “Ciclo dos elementos”. As preguntas deixaranse na súa páxina de facebook e a autora responderá a través de textos publicados en Sermos Galiza. 

María Reimóndez: “As alternativas están aquí mais é preciso darlles visibilidade”

María Reimóndez: “As alternativas están aquí mais é preciso darlles visibilidade”

A escritora María Reimóndez ten “un plan” e do seu desenvolvemento fala no seu novo ensaio A alternativa está aquí (Xerais). Contra a desesperanza que se impón, a escritora defende o activismo para cambiar o mundo.Parte da súa experiencia de vinte anos de traballo en cooperación internacional para apostar pola filosofía que subxace nos Grupos de Axuda Mutua, un “palleiro alternativo” que parte de dúas liñas de actuación que se encontran, o feminismo e a súa condición crítica. 

Luís Tosar e María Reimóndez implícanse na dirección de “Cambia de papel”

Luís Tosar e María Reimóndez implícanse na dirección de “Cambia de papel”

Dúas escritoras e un actor asinan a dirección de “Cambia de papel”, un documentario que se estrea o martes día 9 ás 19 horas no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago de Compostela. Luis Tosar, María Reimóndez e Kutti Revathi póñense á fronte deste novo proxecto co que Implicadas no Desenvolvemento nos achega á vida das mulleres de Támil Nadu (India).