reino-da-galiza
OPINIÓN

O Pórtico da Gloria: o que ocultan

Certamente, estamos perante una acontecemento ao que debemos prestar atención: o acabado da restauración da policromía do Pórtico da Gloria, conforme ao seu aspecto orixinal. Agora poderémolo contemplar recuperado parte do seu esplendor. Dicimos parte,...

As relacións do Reino de Galiza con Carlomagno

As relacións do Reino de Galiza con Carlomagno

A endiañada xeoestratexia interna do espazo peninsular ao longo dos séculos VIII e IX obrigou os monarcas galegos a intensificar a súa acción diplomática diante de Carlomagno. O rei dos francos, a principal potencia rexional europea do momento, na cúspide do seu poder, após ser nomeado no ano 800 emperador do Sacro Imperio Romano, non só partillaba coa coroa galega intereses territoriais na área ibérica e o combate á doutrina adopcionista, senón que xogaba un papel de árbitro no contexto europeo.

O panteón da Catedral de Santiago oculta o Reino da Galiza
Un museo visitado ao ano por perto de 200 mil persoas

O panteón da Catedral de Santiago oculta o Reino da Galiza

O Museo da Catedral de Santiago de Compostela acubilla no seu interior o Panteón Real, que ofrece unha versión deturpada da historia ao negar a existencia do Reino da Galiza e ser suplantado pola denominación de León. “A ocultación do seu recoñecemento histórico foi política e contou co apoio instrumental da Igrexa”, explica o investigador Anselmo López Carreira, quen considera que agora “é unha cuestión política e social traballar para restituír a transcendencia histórica deste Panteón Real”.