ricardo-carvalho-calero
Carvalho Calero protagoniza o outono editorial de Laiovento

Carvalho Calero protagoniza o outono editorial de Laiovento

O indiscutíbel protagonista da reentrada literaria en Laiovento será Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 – Compostela, 1990). O escritor e profesor ao que a Real Academia Galega dedicará o Día das Letras o ano que vén centra catro dos títulos, en realidade reedicións revisadas, programados pola editorial para este outono.
Sete académicos reivindican o impulso orixinal de Carvalho para o Día das Letras

Sete académicos reivindican o impulso orixinal de Carvalho para o Día das Letras

Ricardo Carvalho Calero será, á fin, protagonista do Día das Letras Galegas. E serao dunha maneira singular: dúas propostas distintas, rexistradas con apenas unhas horas de diferenza e por dous grupos de académicos distintos, apostan polo intelectual ferrolán. Sete membros da institución, todos asinantes dunha das dúas iniciativas, reivindican nun comunicado o impulso orixinal da candidatura.

A Executiva da Academia aposta en Carvalho Calero para o Día das Letras de 2020
Apoian a candidatura 13 académicas

A Executiva da Academia aposta en Carvalho Calero para o Día das Letras de 2020

Todo apunta a que Ricardo Carvalho Calero será a persoa a quen se lle dedique o Día das Letras Galegas de 2020. Trece integrantes da RAG, entre eles a Executiva, presentaron unha outra proposta sobre o ferrolán, alén da rexistrada por nove académicas e académicos e da que informara Sermos Galiza na mañá da terza feira.

OPINIÓN

Sermos Galiza

Co título que encabeza estas liñas viu a luz hai uns anos a publicación que as acolle e nel sintetízase a vontade de ser e de existir dunha nación con nome e con idioma propios, o primeiro posto en cuestionamento e o segundo en situación preocupante. O galego, a pesar das...

A memoria de 'Scórpio' trinta anos despois
Reedición da segunda e gran novela de Carvalho Calero

A memoria de 'Scórpio' trinta anos despois

Carvalho Calero publicou dúas novelas. A primeira, A xente da Barreira (1951), devolveu o galego á narrativa de longo alento despois da Guerra Civil. A segunda realizou un notábel esforzo para reconstruír a memoria da República e da resistencia antifascista a través de elaboradas técnicas literarias. Tres décadas despois da súa primeira edición, Scórpio (1987) regresa ás librarías.