salarios
Drenar salarios para beneficios empresariais

Drenar salarios para beneficios empresariais

Entre o inicio da década dos oitenta e hoxe a participación dos salarios na riqueza de Galiza caeu en 18 puntos. Un descenso que foi en beneficio das rendas de capital e que evidencia un trasvase que non tivo comparanza nin noutros territorios do Estado español nin no contexto europeo. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respeito no Sermos Galiza 284.

Medra a riqueza do país mais non os soldos

Medra a riqueza do país mais non os soldos

O salario medio aumentou 24 puntos menos que a riqueza de Galiza desde o ano 2000. Un dado significativo, como o feito de que os ingresos medios dunha persoa asalariada no noso país en 2016 se manteñan ao mesmo nivel que en 2011, algo que non acontece no Estado español, onde aumentaron de media 450 euros. O peso dos salarios no PIB galego caeu durante os anos de crise. E non semella que isto cambie coa cacarexada recuperación. Eis un extracto da información publicada no Sermos Galiza 275.

A policía despexa o peche do persoal de Povisa contra a baixa salarial do 40%

A policía despexa o peche do persoal de Povisa contra a baixa salarial do 40%

A concentración de traballadores e traballadoras de  Povisano edificio administrativo da Xunta en Vigo foi desaloxada pola policía cando tentaban seren ouvidas pola delegada en Vigo, Bravo Bosch. Protestan pola aplicación da empresa do convenio provincial que suporá un descenso do 40% do salario ás máis de mil trescentas persoas do cadro laboral. 

A peaxe de Chipre polo rescate: recortes en pensións e salarios, despedimento de funcionarios e repagamento

A peaxe de Chipre polo rescate: recortes en pensións e salarios, despedimento de funcionarios e repagamento

A Troika xa ten o documento que recolle as condicións que ten que cumprir esta illa por ser 'rescatada'. Contempla unha manchea de exixencias, desde unha liberalización do mercado laboral até botar á rúa a 4.500 [email protected][email protected], pasando por tesoirada ás pensións e o aumento en dous anos da idade de xubilación. Mesmo se fixa un imposto para orfos e viúvas

 

O FMI urxe ao goberno de Rajoy subir o IVE e baixar salarios

O FMI urxe ao goberno de Rajoy subir o IVE e baixar salarios

As novas recomendacións do FMI adiviñan que Rajoy adiantará a subida do IVE xunto con outros impostos e a baixada de salarios dos funcioarios privados. O FMI tampouco esquece o sector privado e recomenda tamén un descenso nos soldos das persoas contratadas.
x