san-sadurnino
Estrea das 23 obras producidas no Chanfaina Lab
Sesión continua de filmes rodados en San Sadurniño

Estrea das 23 obras producidas no Chanfaina Lab

Vinte e tres filmes rodados en San Sadurniño conforman a sesión continua que, o vindeiro sábado, 9 de febreiro, se proxectarán na Casa da Cultura da localidade. Trátase das obras producidas no último Chanfaina Lab durante a primeira fin de semana de setembro do pasado ano.
 

Do abandono á rehabilitación do castelo de Naraío

Do abandono á rehabilitación do castelo de Naraío

Consolidación de elementos en risco de desprendemento, acondicionamento dos accesos e a creación de itinerarios para a visita forman parte dunha nova actuación que se acometerá no castelo de Naraío, unha das fortalezas máis emblemáticas do país.

Orzamentos participativos: Modesta participación na incipiente ‘democracia directa’
Sermos267

Orzamentos participativos: Modesta participación na incipiente ‘democracia directa’

Os orzamentos participativos son a promesa dunha democracia directa que aínda está moi lonxe de se cumprir. As responsábeis de experiencias máis vellas e doutras máis novas piden convicción e paciencia para levar adiante programas que tardan en mostrar resultados palpábeis e esixen un esforzo orzamentario que, no caso dun pequeno concello como San Sadurniño, se ven afogadas polos recortes no financiamento do Estado. Mentres, perfeccionan métodos e buscan espazos, dentro e fóra da rede, para animar unha veciñanza aínda remisa. Recollemos unha reportaxe ao respeito no Sermos Galiza 267.

O Chanfaina Lab cociña novas ferramentas para seguir facendo cine no rural

O Chanfaina Lab cociña novas ferramentas para seguir facendo cine no rural

O Chanfaina Lab ten algo de labrego e algo de laboratorio. Para empezar, o nome. A chanfaina é o prato típico de San Sadurniño, unha mestura de partes do porco que se combinan nunha tripa. O Chanfaina, o festival, é un experimento que mestura xente do rural, xa non moi moza, enténdese, e moi afastada das novas tecnoloxías, con xente criada na técnica e con destrezas que compartir.