senon
OPINIÓN

A cuestión non é a ver que vai facer Podemos, senón ver que podemos facer nós

Escoitámosllo unha vez a Isaac Díaz Pardo e quedounos gravado para sempre: “Galiza non é un país pobre, é un país prostrado”. Tamén os nacionalistas repetimos unha e outra vez que Galiza non é un país pobre, senón un país empobrecido, espoliado, politicamente oprimido, privado da súa soberanía. Todas estas afirmacións son irrefutábeis. 

"O modelo de xestión de residuos non debe ser a incineración senón a reciclaxe"

"O modelo de xestión de residuos non debe ser a incineración senón a reciclaxe"

O presidente da Mancomunidade do Barbanza e alcalde de Brión, Xosé Luís García (PSdeG-PSOE), explica o modelo de xestión de residuos urbanos desenvolvido na planta de Lousame. Unha alternativa "ecolóxica" a Sogama que anima a botar a andar noutros puntos do país. "O sistema non debe ser a incineración", di, "a Xunta debera implicarse".

Beiras chama á rebelión "no recinto galego", mais tamén "no ámbito peninsular"

Beiras chama á rebelión "no recinto galego", mais tamén "no ámbito peninsular"

O portavoz de AGE puxo a énfase en que Galiza é unha nación e non un territorio como pensaría o PP. Beiras, que en todo momento se referiu ao presidente da Xunta como Núñez, ve o Estado español como un protectorado de Alemaña e defende un proceso de "creba restauradora da democracia" cos "cidadáns" como protagonistas. Beiras reivindicou o legado do nacionalismo e a esquerda, desde a UPG até o PCG.

 “Desta non se sae con recortes senón producindo máis e mellor”

“Desta non se sae con recortes senón producindo máis e mellor”

Aposta por un grande pacto económico, social e político para saír da crise. O xornalista José Luis Gómez presenta estes días o libro Como salir de esta (Actualia Editorial) no que fai unha clara defensa da economía produtiva fronte á política de recortes que apela á austeridade. Sermos Galiza publica un adianto dun dos capítulos do seu novo libro.
Silvia Bermúdez, voluntaria: ''Foi o pobo galego quen fixo o traballo do goberno para dar unha resposta de emerxencia''
OS NOMES DE NUNCA MáIS

Silvia Bermúdez, voluntaria: ''Foi o pobo galego quen fixo o traballo do goberno para dar unha resposta de emerxencia''

Entrementres o Prestige partía en dous e descarregaba 70 mil toneladas de chapapote na costa galega, Silvia Bermúdez estudaba dereito. Soubo do naufraxio pola prensa, e pola prensa soubo tamén das mentiras, da fenda imperceptíbel que tiña o barco, dos ''hilillos de plastilina'' que derivaron nunha marea negra. Dez anos despois segue a exixir responsabilidades, mais recoñece que ''os auténticos responsábeis'' non sentarán nunca no banco [email protected] [email protected]