sermos
Sermos O Diario Galego, no Culturgal

Sermos O Diario Galego, no Culturgal

Sermos O Diario Galego ten caseta propia na 11 edición do Culturgal que está a ter lugar nesta primeira fin de semana de decembro. Podes adquirir os libros publicados por Sermos Galiza, S.A. e subscribirte ao proxecto para lanzarmos o diario en papel en 2019.

Presentacións Sermos O Diario Galego
FOTOS

Presentacións Sermos O Diario Galego

Galería de imaxes da presentación de Sermos O Diario Galego desde finais de maio até finais de xuño: case 40 actos ao longo e ancho do país no que tomaron parte por volta de 1.000 persoas. 

A onde chega esta semana Sermos O Diario Galego?
Actos de presentación

A onde chega esta semana Sermos O Diario Galego?

Allariz; Viveiro; Oleiros; Cangas; A Estrada; Carballo e Ribadavia acollerán esta semana os actos de presentación de Sermos O Diario Galego. Uns actos pensados para responder as dúbidas das persoas participantes e para recoller suxestións.

O Sermos dixital remoza a súa imaxe

O Sermos dixital remoza a súa imaxe

O diario on line estrea nova fasquía esta segunda feira. Sermos Galiza pon o ramo así a un "proceso de harmonización da imaxe quer no semanario quer no dixital", afirma o deseñador Denís...

OPINIÓN

Vontade de sermos (diario)

Vai camiño de seis anos que a forza da vontade colectiva conxurouse até lograrmos o retorno da lingua galega aos quiosques. O nacemento de Sermos Galiza en maio de 2012 foi, sobre todo, un acto de autoestima. Un exercicio práctico das enormes...

“En 'Cinco Feiras' gustaríame non escribir de política”
Suso de Toro / Escritor

“En 'Cinco Feiras' gustaríame non escribir de política”

Suso de Toro (Santiago de Compostela, 1956) regresa, de forma regular, á prensa galega. Faino coa sección Cinco Feiras, que publicará cada día da semana no dixital Sermos Galiza. A piques de estrear novela -Fóra de si, en Xerais- despois de sete anos de silencio, tamén cociña un ensaio sobre as razóns da literatura. “Non sei estarme quieto”, confesa divertido.

Sermos conmemora o Día da Galiza Mártir cunha edición especial
SEMANARIO

Sermos conmemora o Día da Galiza Mártir cunha edición especial

Chega o Día da Galiza Mártir, data reivindicativa que lembra Alexandre Bóveda, fusilado na Caeira (Poio) o 17 de agosto de 1936 por defender os ideais nacionalistas. Con motivo desta xornada clave no calendario, o semanario Sermos Galiza publica unha edición especial.

OPINIÓN

250 números de Sermos Galiza

Con este número 250 de Sermos Galiza celebramos tamén o V aniversario do medio. Facémolo coa publicación dun suplemento especial de 64 páxinas, con 15 entrevistas e 15 análises, que compoñen unha radiografía dos diferentes sectores e que se suman ás 40 páxinas do semanario. Un total de 104 páxinas de intereses galegos.

OPINIÓN

#SG243 Veñan máis 5!

Sermos Galiza fai cinco anos. Neste período mudamos de deseño, houbo altas e baixas no cadro de persoal, no Consello de Administración. Só unha cousa non mudou: o noso compromiso a prol dun espazo de comunicación galego entendendo por tal...

Máis contidos “fóra de serie” no Sermos en papel
Dupla capa e moito máis!

Máis contidos “fóra de serie” no Sermos en papel

Coa chegada de 2017, ano en que o semanario fai o seu quinto aniversario, o Sermos en papel regresou aos quiosques e á loxa con novidades: máis contidos na sección cultural Fóra de Serie e unha dupla capa para que as lectoras e lectores decidan por onde comezar o periódico.

Muda a perspectiva, pásate a Sermos

Muda a perspectiva, pásate a Sermos

Coa saída do novo xornal fixemos unha serie de vídeos de promoción dirixidos por Marcos Paino e Miguel Mosqueira, e protagonizados por coñecidos personaxes. [Vídeos no interior]

OPINIÓN

Nova pel, novo impulso a Sermos

 

Esta entrega 181 é un número moi especial para a equipa humana que realiza o Sermos Galiza, infelizmente o único semanario na nosa lingua que se debruza sobre os quiosques da Galiza. Éo porque estreamos un novo...

"A lectura do Sermos será máis gratificante"
PEPE BARRO é O DESEñADOR DO NOVO SERMOS

"A lectura do Sermos será máis gratificante"

Considerado un dos mellores deseñadores do país, Pepe Barro (Pontedeume, 1955) leva ás súas costas máis de corenta anos de actividade profesional. Nesta entrevista cóntanos como concibiu o novo deseño do Sermos Galiza.

Sermos Galiza muda de pel
O SEMANARIO, CO DESEñO DE PEPE BARRO, SAE AOS QUIOSQUES O 4 DE FEBREIRO

Sermos Galiza muda de pel

O 4 de febreiro Sermos Galiza volve aos quiosques do país con novo deseño, obra de Pepe Barro, un dos nomes máis prestixiosos do grafismo da Galiza.

A redacción de Sermos Galiza traballa xa co novo deseño do semanario
OBRA DE PEPE BARRO, VERá A LUZ O 4 DE FEBREIRO

A redacción de Sermos Galiza traballa xa co novo deseño do semanario

Sermos está a piques de mudar de pel. Como informamos no seu día, o semanario non acode esta quinta feira ao encontro coa súa comunidade leitora porque a redacción está a preparar o lanzamento do novo deseño, da autoría de Pepe Barro. Sermos retornará aos quiosques o 4 de febreiro.

ESTA SEGUNDA FEIRA áS 12H NA NAVE DE VIDáN

Ciudadanos declina ir ao debate de Sermos após admitir que non ten propostas para Galiza

Após recoñeceren nunha entrevista que carecen de propostas electorais para Galiza, Ciudadanos informou a Sermos Galiza de que non participará no debate. O PP, pola súa banda, comunicou a ausencia de Marta González, a candidata confirmada pola formación política a pasada. Á hora de edición desta noticia non comunicaron quen vai asistir no seu lugar.

Sermos Galiza organiza un debate electoral con visión galega e plural
A VINDEIRA SEGUNDA FEIRA, áS 12H, ABERTO AO PúBLICO, NA NAVE DE VIDáN

Sermos Galiza organiza un debate electoral con visión galega e plural

Sermos Galiza convocou as principais candidaturas para un debate electoral no que se analizará o 20D desde unha perspectiva galega e plural, pois participan Nós, Candidatura Galega, En Marea, PSdeG-PSOE, PPdeG e Ciudadanos. Terá lugar esta segunda feira, 7 de decembro, ás 12h, na Nave de Vidán (Compostela) e será aberto ao público.

Con este Sermos non me atrevo
O CARBALLO NECESITA ESPAZO EN QUE MEDRAR

Con este Sermos non me atrevo

Siceramente, non me atrevo coa capa deste Sermos 159. Ergo, non haberá comentario sobre a capa.

A utopía tamén está en Sermos Galiza

A utopía tamén está en Sermos Galiza

Na capa deste Sermos 153 hai unha palabra que me suxire inmediatamente outra. Trátase da palabra horizonte que aponta cara ao concepto da utopía. Utopía na acepción de Galeano mais tamén na de Thomas More, ou na de Manuel María.

Maneiras de ler. Sermos en siglas

Maneiras de ler. Sermos en siglas

Leo en SG que a APDR di que Ence usa un herbicida que a OMS considera un probábel factor de cancro e que a CUP non concorrerá ás eleccións. Tamén se fala do IPC e do PIB e de que a CRTVG asinou un convenio coa UNED. E máis cousas.

Un acrónimo na capa de Sermos Galiza

Chega ás miñas mans o número 149 do semanario Sermos Galiza. Na capa leo, titular a todo o largo, a palabra Precariado. E axiña se destapa a tampa das lembranzas para saíren as etiquetas precisas de análise. O aroma retronasal da gramática.

OPINIÓN

Sermos Galiza, tres anos despois e sempre

Hai xa máis de tres anos que naceu o proxecto de Sermos Galiza, nun momento en que observabamos como o espolio atacaba vidas e ideas, pobo e identidade. A leis laborais convertéronse en cadeas, a sanidade pública entrou en coidados paliativos, o ensino veuse na obriga de saír fóra das aulas e explicar varios adxectivos: público, laico. 

Sermos Galiza fai 3 anos con 15,9 millóns de páxinas vistas

Sermos Galiza fai 3 anos con 15,9 millóns de páxinas vistas

26 de Abril de 2012. Nace un novo meio de comunicación. Ese día acceden ao web de Sermos Galiza 7.718 usuarias/os únicas/os. Nestes 36 meses, Sermos non deixou de medrar, desde a súa aposta por un xornalismo independente, alternativo, en galego e firmemente comprometido coas necesidades, as demandas e as arelas da nación galega e do pobo que a conforma.

OPINIÓN

Os resultados de sermos vagón de cola

Os dados de medre do PIB no Estado español, 1,4% durante o pasado ano, son superiores aos doutros países da Unión Europea, e o Goberno central considera que este ano serán aínda mellores. Un dato positivo, especialmente para as grandes empresas e altos directivos, que aumentaron lucros e ingresos (estes último, un 22,5% nas empresas do IBEX35). No referente á creación de emprego os datos non son tan bos, porque continuou a perda de traballo fixo, xa que o novo é sobre todo temporal e a tempo parcial. 

Cuba, nostalxia ou esperanza?
UN A FONDO ELABORADO DENDE A ILLA

Cuba, nostalxia ou esperanza?

Que expectativas, que retos e que medos se abren para a Cuba posbloqueo? Analizámolo no A Fondo desta semana, coordenado por Xulio Ríos, o director do IGADI. Disponíbel na nosa loxa.

 #137: como recuperamos un país que desaparece?
TERCEIRO NÚMERO DO SUPLEMENTO "SOMOS GALEGO"

#137: como recuperamos un país que desaparece?

Esta semana, entregamos un Sermos Galiza de 48 páxinas, coa terceira entrega do suplemento que realizamos en parcería coa Mesa pola Normalización Lingüística. Tes o teu Sermos nos pontos de venda habitual e, como sempre, aquí na nosa loxa.