sermos322
As economías da nova ruralidade

As economías da nova ruralidade

O mundo rural está mudando. E aínda que a despoboación e o envellecemento son realidades problemáticas que non é posíbel obviar, tamén existen alternativas. Proxectos e iniciativas novidosas, adoito vencelladas á economía social, contribúen a reinventar a vida cotiá máis alá das cidades, a producir valor engadido, a solidificar comunidade. Eis un extracto da peza, publicada no número 322 de Sermos Galiza.

"Á literatura galega fáltalle un Estado propio”
Entrevistamos Mario Regueira

"Á literatura galega fáltalle un Estado propio”

Cada semana, desde os inicios de Sermos Galiza, poden ler nestas páxinas as críticas literarias de Mario Regueira (Ferrol, 1979), quen ten xa unha nutrida relación de obras publicadas. Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, vén de gañar o XIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. O premio supón para o escritor “unha especie de retorno”. “Faime unha ilusión especial porque levo seguindo a traxectoria do certame bastante tempo e sempre me pareceu unha aposta moi orixinal que ten dado uns libros absolutamente fulcrais na última década, como carnia haikai, de Elvira Ribeiro, ou Amantes, de María Lado, entre moitos outros”, salienta. Eis un extracto da conversa, publicada no número 322 de Sermos Galiza.

Exeria, a viaxeira galega do século IV
A Galiza Ignorada

Exeria, a viaxeira galega do século IV

Fai parte daquela xeración de ouro que alumeou o espertar cultural galego nas centurias do baixo Imperio. Os diarios de Exeria achégannos unha visión case única do mundo naquel tempo de mudanza e preséntanos unha muller libre e culta, impugnado o papel que aquela sociedade lle tiña reservada ás do seu xénero. A escritora viaxeira e rebelde é a expresión dunha Galiza que camiñaba pola rota do progreso. Eis un extracto da peza, publicada no número 322 de Sermos Galiza.

A casa de Bernarda, un refuxio en Santalla
Sermos322

A casa de Bernarda, un refuxio en Santalla

Coñecemos máis un caso de mulleres que sufriron a dor da represión. A Bernarda deixárona sen Antonio, mais fronte ao medo, ela soubo manter abertas as portas do seu fogar aos fuxidos. Eis un extracto da peza escrita por María Xesús Escudeiro.

Editorial Sermos322: O cadro de persoal de Alcoa ten razón

Editorial Sermos322: O cadro de persoal de Alcoa ten razón

É absolutamente certo que non estamos nunha economía nin estatalizada nin soviética, como de forma un tanto chusca afirmou a ministra de Traballo en relación á situación da planta de Alcoa na Coruña, mais non deixa de ser unha frase indicativa da impotencia da política...

#Sermos322: 100 anos de nacionalismo galego

#Sermos322: 100 anos de nacionalismo galego

Máis un número do semanario saído do prelo. O centenario da Asemblea Nacionalista de Lugo, que se conmemora esta fin de semana, ten un tratamento especial neste semanario. Un número no que entrevistamos Mario Regueira, debullamos nas economías da nova ruralidade ou achegámonos ás eleccións sindicais no ensino. Isto, e moito máis, xa na nosa loxa.