sermos334
“Ademais do orgullo de país, hai un orgullo tecnolóxico”
Eusebio Rey, director de Prosistemas

“Ademais do orgullo de país, hai un orgullo tecnolóxico”

A empresa galega Prosistemas, de Eusebio Rey (Forcarei, 1946), vén de recibir nos Estados Unidos o premio Golden Trowel (os “Oscar” da alta planimetría) pola realización, para o complexo loxístico dunha multinacional do sector téxtil, dun pavimento único de 125.000 metros cadrados, batendo así o récord mundial de regularidade superficial. O logro volve situar no mapa da alta planimetría esta empresa radicada no Porriño e que alí seguirá, pois, asegura Rey, “non temos necesidade ningunha de nos deslocalizar”. Velaquí a conversa co enxeñeiro do chan perfecto. Eis un extracto da conversa publicada no número 334 de Sermos Galiza.

“O feminismo é un movemento atractivo porque demostra que o debate non ten por que ser excluínte”
Inma López Silva, escritora

“O feminismo é un movemento atractivo porque demostra que o debate non ten por que ser excluínte”

Ademais de novela, Inma López Silva (Compostela, 1978) practica unha sorte particular de ensaio: a medio camiño entre a análise crítica, a literatura memorialística e o texto de intervención. Chámame señora, pero trátame coma a un señor (Galaxia, 2019), a súa última obra, subtítulase Memoria persoal do machismo na cultura. “As escritoras podemos escribir un relato distinto. Debemos facelo”, afirma, “porque a literatura pode ofrecer alternativas a esta realidade que parece natural e inamovíbel, pero pode cambiar”. Eis un extracto da conversa publicada no número 334 de Sermos Galiza.

Lugo, un partido a sete con final incerto
ANÁLISE

Lugo, un partido a sete con final incerto

Está todo aberto. A falta de pouco máis de tres meses para que a veciñanza de Lugo proceda á elección da nova Corporación, ninguén se atreve a facer un prognóstico de quen gobernará a cidade durante os vindeiros catro anos. Trátase dun partido sen favoritos que se resolverá no tempo desconto.

Sancha e Dulce, raíñas por un mes
A Galiza ignorada

Sancha e Dulce, raíñas por un mes

Só se mantiveron no trono durante un mes e medio pero representaban os intereses dunha Galiza que apostaba en seguir vivindo independente arredada da orbita castelá. A súa renuncia non implicou a fin da resistencia galega pero abriu a porta a un proceso político que remará coa incorporación subordinada do noso país ao reino de Castela. Eis un extracto da información publicada no número 334 de Sermos Galiza.

Unha batalla pola viabilidade no sector electrointensivo

Unha batalla pola viabilidade no sector electrointensivo

A industria electrointensiva está con pé e medio nunha crise que cuestiona o seu futuro. Na Galiza, a viabilidade deste sector -unha ducia de empresas e cinco mil empregos directos- remite en certa medida ao debate sobre a capacidade de decidir sobre a enerxía xerada aquí. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 334 de Sermos Galiza.

Os 10 mitos do amor romántico na psicoloxía moderna
Desmontando o amor romántico

Os 10 mitos do amor romántico na psicoloxía moderna

O amor é un dos eixos fundamentais na construción do carácter das persoas. Na era de internet, as formas de amar convencionais están a deixar paso a outros modelos. Porén, a mocidade segue a reproducir os comportamentos típicos do amor romántico. A orixe destas condutas vén da socialización aprendida na infancia, aquela denuncia a cita de Kate Millett “... mentres nós amabamos, os homes gobernaban”. Así nolo explican Amada Traba e Chis Oliveira, autoras de á[email protected] (Galaxia, 2018). Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 334 de Sermos Galiza.

OPINIÓN

Editorial #Sermos334: Ollo coas compañías

Equivocouse de amigo Feixoo cando en vez de optar por tenderlle a man ao pobo galego en defensa da sanidade preferiu botarse ao monte coa extrema dereita nunha manifestación españolista que resultou todo un fracaso. Non é nova no presidente da Xunta esa ollada posta no que...