sermos339
A explotación máis vella do mundo
ANÁLISE

A explotación máis vella do mundo

A xornalista María Xosé Porteiro, autora de publicacións que acollen ensaios sobre comunicación e feminismo, ofrece a súa visión a respeito da trata e tráfico de mulleres. Eis un extracto da análise publicada no número 339 do Sermos Galiza en papel.

Orosio, o grande historiador do século V
A Galiza ignorada

Orosio, o grande historiador do século V

Fai parte daquela xeración de ouro que alumeou o espertar cultural galego nas centurias do baixo Imperio. A obra teolóxica e histórica de Paulo Orosio ocupa un lugar central en toda a produción cultural do mundo coñecido do século V mantendo a súa influencia até os nosos días. Estamos, ao fin, diante doutro xigante que pariu Galiza e que modelou o pensamento a cultura Europea desde aquelas.

Venezuela: “o coiro enxoito”
ANÁLISE

Venezuela: “o coiro enxoito”

O estudoso do exilio económico e político galego e especialista en Venezuela Xurxo Martiz achega nesta análise as chaves da crise que vive o país, cunha nova escalada na sabotaxe eléctrica. Esta semana o Goberno venezuelano denunciaba a ocupación “forzosa e ilegal” das súas sedes diplomáticas nos Estados Unidos. Eis un extracto da análise, publicada no número 339 do semanario Sermos Galiza.

O mapamundi de Noha
Galiza no mapa

O mapamundi de Noha

O mapamundi de Pirrus de Noha é unha das cartografías de referencia da Baixa Idade Media. O traballo, elaborado na península itálica á volta de 1414, sinala Galiza como unha realidade diferenciada no ámbito peninsular, deixando clara a conciencia da existencia dun reino galego con personalidade política propia no espazo europeo. Eis un extracto da peza publicada no semanario en papel número 339.

“Cando un crime infecta parte da sociedade, agroma o máis profundo do ser humano”
Entrevista a Domingo Villar

“Cando un crime infecta parte da sociedade, agroma o máis profundo do ser humano”

Mónica Andrade é profesora da Escola de Artes e Oficios de Vigo. Vive en Tirán (Moaña), na outra beira da ría. Un día de novembro falta á cita para xantar co seu pai, un coñecido cirurxián, e este decide denunciar a ausencia. O inspector Leo Caldas e o seu axudante Rafael Estévez entran en acción. Eis o disparador de O último barco (Galaxia, 2019), o esperadísimo regreso de Domingo Villar (Vigo, 1971), un “policial canónico” -nas súas palabras- que, en case 800 páxinas, explora “as relacións paterno e materno filiais, a soidade, a compaixón”. Pasaron dez anos desde que publicou A praia dos afogados (Galaxia, 2009), a obra que o catapultou ao olimpo dos best seller en galego. “Os libros están cando están e non cando un quere que estean”, di. Publicamos un extracto da entrevista, que saíu no número 339 do semanario en papel Sermos Galiza.

Apostar no campo como modo de vida

Apostar no campo como modo de vida

Moita xente nova desbota a idea de dedicarse á vida no campo polo seu alto sacrificio. Na Galiza, as máis das veces trátase de explotacións pequenas que non dan unha grande marxe de beneficios, mais si unha enorme carga de traballo. Quen decide por propia vontade traballar no eido rural faino en boa parte dos casos a través de cooperativas ou na elaboración de produtos artesanais, non en explotacións tradicionais. Sermos Galiza fala con catro persoas que se incorporaron ao rural nos últimos anos. Eis un extracto da reportaxe, publicada no número 339 do semanario en papel.

OPINIÓN

Ence fóra da ría

Ducias de milleiros de persoas nadas en Pontevedra ou nos concellos limítrofes non pasaron nin un día da súa vida sen soportaren as consecuencias da contaminación -con emisións ao aire e con verteduras á ría- da coñecida como Celulosas. Cheiros e fumes que saen dunha...

Os grandes fondos fan negocio na Galiza

Os grandes fondos fan negocio na Galiza

Fondos de investimento e capital desembarcaron en sectores estratéxicos galegos, das infraestruturas á enerxía, da vivenda á alimentación; procurando rendibilidade e beneficios. Xa están presentes na Galiza en sectores que moven miles de millóns de euros e empregan miles de persoas. Eis un extracto da información publicada no número 339 do semanario en papel Sermos Galiza.