sermos347
O Reino de Galiza nun mapa italiano do século XV
Galiza no mapa

O Reino de Galiza nun mapa italiano do século XV

É un mapa da primeira metade do século XV elaborado sobre unha placa de metal que destaca pola grandiosidade do traballo do gravador. Infuído pola cartografía da época, debedora da tradición de Ptolomeo recuperada pola Escola de Viena e dos portulanos cataláns, presenta Galiza como un espazo político diferenciado no ámbito peninsular. Eis un extracto da información publicada ao respecto no número 347 do semanario en papel Sermos Galiza.

"Ao final, todas conseguimos empatizar coa parte escura dos demais"
Entrevista a Arantza Portabales

"Ao final, todas conseguimos empatizar coa parte escura dos demais"

Beleza vermella (Galaxia, 2019) comeza cun asasinato, o da moza Xiana Alén, escenifcado tal unha obra de arte da súa avoa, a afamada escultora Aurora Sieiro. Ambientada nunha urbanización da contorna compostelá, con personaxes de elevada posición social, é tamén unha homenaxe á novela de enigma. Pero só até un punto. Porque a terceira novela de Arantza Portabales (Donostia, 1973) constitúe sobre todo, así o explica ela mesma, unha exploración nos abismos da psique humana. “O horror non sabe nin de status, nin de nivel económico, nin de profesións. Ás veces, a mente humana fai crac e non hai volta atrás”, relata a escritora a Sermos Galiza. Eis un extracto da entrevista, publicada no número 347 do semanario en papel.

A ofensiva Trump
ANÁLISE

A ofensiva Trump

As sancións, bloqueo e a inxerencia en Venezuela, Cuba, Irán, Siria, Corea do Norte e mesmo contra potencias como Rusia e China son parte dunha guerra non declarada, baixo novas formas, por parte dos Estados Unidos. Esta confrontación ten como obxectivo reverter a tendencia dominante actual que, a medio prazo, cuestiona o dominio absoluto que Washington exerce desde a caída da Unión Soviética (ou cando menos dividir de facto o mundo en dous bloques). As formas que utilizan os Estados Unidos están limitadas exclusivamente polo inicio dunha guerra nuclear. Eis un extracto da análise publicada no número 347 do semanario en papel Sermos Galiza.

O retorno dos osos pardos ás terras galegas
Plan de recuperación

O retorno dos osos pardos ás terras galegas

Tras a súa desaparición das serras da Galiza, o oso está retornando paulatinamente ao territorio galaico. As serras dos Ancares e do Courel son o emprazamento escollido pola especie para construír o seu fogar. A súa proliferación non ten que supoñer un temor na poboación dos concellos que conforman este espazo. Afeito ao contacto humano, este plantígrado non é perigoso e só se limita a atacar colmeas e árbores con fins alimenticios. Co obxectivo de regular a convivencia entre a especie e a cidadanía, desde 2017 (e até 2020) desenvólvese o Plan Life Oso Courel.

O Museo Etnográfico Monte Caxado das Pontes
Eira das Mouras

O Museo Etnográfico Monte Caxado das Pontes

En marzo abría as súas portas na praza da vila das Pontes o novo Museo Etnográfco Monte Caxado, obra colectiva dun colexio guiada por un mestre referente, Xosé María López Ferro, que botara a andar no propio recinto escolar en 1984, naqueles anos nos que o territorio do concello sufrira unha forte metamorfose, o paso do rural ao industrial, presidido pola xigantismo da central térmica de Endesa. Eis un extracto da información, publicada no número 347 do semanario en papel Sermos Galiza.

Por unha “sociedade decente”

Por unha “sociedade decente”

O mundo está en mutación. E nada do que aí vén permite o optimismo. Así o percibe o profesor Albino Prada, da Universidade de Vigo, quen no seu último libro, Crítica do hipercapitalismo dixital, alerta contra o paso da economía de mercado á sociedade de mercado. “Se nos deixamos envolver polos anarcocapitalistas de Silicon Valley, o mercado e o diñeiro ocuparano todo”, avisa. Prada, pola contra, aposta en construír “unha sociedade decente”. Eis un extracto da información publicada no número 347 do semanario en papel Sermos Galiza.

Outra Unión Europea é posíbel?
Eleccións á Eurocámara

Outra Unión Europea é posíbel?

Semella a “maría” dos procesos electorais. Mentres as elites europeas preparan unha operación de “chapa e pintura” do proxecto europeo para que nada mude, a cidadanía desenténdese duns comicios que, malia todo, testemuñarán o malestar que percorre o continente. A Unión Europea sométese ao veredicto das urnas. Eis un extracto da información publicada no número 347 do semanario en papel Sermos Galiza.