sermos348
Cinco meses de Bolsonaro
ANÁLISE

Cinco meses de Bolsonaro

Após cinco meses de presidencia de Jair Bolsonaro, as interrogantes e as contradicións do goberno brasileiro non deixan de medrar. Tampouco o fan as súas tensións internas. Paralelamente, a oposición e a esquerda teñen decidido reaccionar a través da mobilización social: avecíñanse uns meses quentes nas rúas do xigante suramericano. Eis un extracto da análise publicada no número 348 do semanario Sermos Galiza en papel.

Estranxeiro na súa patria. Unha conversa con Nadav Lapid
Cinema

Estranxeiro na súa patria. Unha conversa con Nadav Lapid

Martin Pawley entrevista o director de cine israelí Nadav Lapid, creador de Sinónimos, o filme gañador do Oso de Ouro dun dos festivais máis importantes do mundo, a Berlinale. Nesta conversa que tivo lugar no marco da 16ª edición do Indielisboa, o cineasta fala sobre o proceso creativo da película e as influencias das que bebeu. Eis un extracto da conversa, publicada no número 348 do semanario en papel Sermos Galiza.

Para aprender a escoitar
SETE FALARES

Para aprender a escoitar

Entre o 6 e o 9 de xuño, Pontevedra acolle a oitava edición de Sete Falares, o Encontro Internacional dos Contadores de Historias, organizado por Pavís Pavós. A narración oral como eloxio da lentitude, contos para aprender a importantísima capacidadede escoitar. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 348 do semanario en papel Sermos Galiza.

ILP: a voz que cercena o rolete do PP
PARTICIPACIÓN

ILP: a voz que cercena o rolete do PP

As iniciativas lexislativas populares (ILP) son unha das ferramentas que naceron co obxectivo de favorecer e impulsar a participación cidadá na actividade lexislativa a través do Parlamento. Unha ferramenta que ao longo destes anos a sociedade empregou en non poucas ocasións para defender cuestións como a sanidade pública (31.000 sinaturas de apoio) ou o bosque autóctono e freo da eucaliptización (42.000 firmas) mais que ficaron na papeleira. Eis un extracto da información publicada ao respecto no semanario en papel Sermos Galiza número 348.

O masacre do proletariado coruñés de maio de 1901
MEMORIA

O masacre do proletariado coruñés de maio de 1901

O 30 e 31 de maio de 1901 a Garda Civil abría fogo nas rúas da Coruña contra as persoas que participaban nunha xornada de folga xeral. Ao longo dos dous días foron asasinados en diversos puntos da cidade sete homes e mulleres e pasaron pola cadea máis de 150. Os sucesos do maio sanguento de 1901 exemplifican o camiño das maiorías sociais para conquistar os seus dereitos. Eis un extracto da información publicada ao respecto no número 348 do semanario en papel Sermos Galiza.

Facer negocio coa canteira

Facer negocio coa canteira

Hai un gorentoso negocio en marcha na Galiza: recoller residuos inertes, tiralos en canteiras en desuso para despois tapalos, chamándolle a iso restauración ambiental. O favorábel balance, para o peto das empresas, do custo-beneficio desta operación, fai que máis de 200 canteiras na Galiza estean no seu albo. E o goberno de Feixoo é remiso a modificar a lei para impedir o que é un “calote ambiental”. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no semanario en papel Sermos Galiza número 348.