sermos351
Galiza nun mapa británico do século XII
Galiza no mapa

Galiza nun mapa británico do século XII

É outra expresión da dimensión internacional do Reino de Galiza, mesmo nun tempo político onde xa se iniciara o proceso de incorporación subordinada do país a Castela. Elaborado na segunda metade do século XIII na cidade británica de Hereford por Richard Haldingham e Richard Bello, signifícase pola súa gran precisión en relación con outras cartografías contemporáneas. Eis un extracto da peza publicada ao respeito no número 351 do semanario en papel Sermos Galiza.

"O museo ten que explicar o que é a sociedade galega actual, niso traballamos"
Entrevista a Manuel Vilar

"O museo ten que explicar o que é a sociedade galega actual, niso traballamos"

Manuel Vilar (Muxía, 1956) coñece o Museo do Pobo Galego practicamente desde a súa inauguración, en 1977. Primeiro como visitante habitual, máis tarde como socio e colaborador. A partir do mes de xullo, será o director da institución que, entre outras cousas, mantivo a memoria do Seminario de Estudos Galegos. A apertura nacional –“non pode ser unicamente un museo de Santiago”–, a relación entre patrimonio e democracia, e dar conta da Galiza actual son as súas primeiras e principais preocupacións. Eis un extracto da conversa, publicada no número 351 do semanario en papel Sermos Galiza.

As mártires de Silán, crónica da guerrilla

As mártires de Silán, crónica da guerrilla

Hai setenta anos púñase fin ao actuar da guerrilla na Mariña. O 21 de xuño de 1949 na bouza do Forcón, na Pena Grande de Silán, concello de Muras, un operativo da Garda Civil e da contrapartida asasinaba cinco loitadores antifascistas e daba por fechado o libro heroico da IV Agrupación nas terras mariñás.

Idacio da Limia, o espertar cultural
A Galiza ignorada

Idacio da Limia, o espertar cultural

Fai parte daquela xeración de ouro que alumeou o espertar cultural galego nas centurias do Baixo Imperio. A obra histórica de Idacio da Limia e o seu labor como representante dos sectores máis romanizados da oligarquía galega outórganlle un papel de relevo naquela Galiza en mudanzas do século V. Estamos, ao fin, diante doutro dos xigantes do que López Pereira dera en definir como a nosa primeira idade de ouro. Eis un extracto da peza, publicada no número 351 do semanario en papel Sermos Galiza.

O galego afoga no océano Google

O galego afoga no océano Google

A navegación pola web estase a tornar máis e máis complexa para as embarcacións de menor tamaño en competencia con transatlánticos como o inglés. Alén diso, está o xigante tecnolóxico estadounidense a soprar vento de proa cara a nosa lingua? Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 351 do semanario en papel Sermos Galiza, xa dispoñíbel na loxa.

Entre a parroquia e o concello
TERRITORIO

Entre a parroquia e o concello

Se un veciño da parroquia de Berán, en Leiro, quere que lle reparen unha pista non se dirixe ao Concello. A administración está para el máis próxima: os alcaldes pedáneos das entidades menores locais xestionan ese e outros asuntos. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respeito no número 351 do semanario en papel Sermos Galiza.

#Sermos351: Así son as entidades locais menores
Resumo do semanario

#Sermos351: Así son as entidades locais menores

Sabían que na Galiza existen nove entidades locais menores? Que son? Como funcionan? Poden descubrilo no número 351 do semanario en papel Sermos Galiza, que na quinta feira chega aos quiosques cun amplo abano de temas.