sermos367
O reino de Galiza nun mapamundi do século X

O reino de Galiza nun mapamundi do século X

Estamos diante dun mapa que emparenta e garda moitas similitudes, tal e como certificou Serafín Moralejo, co estampado nos frescos dos muros do antigo mosteiro de San Pedro de Rocas. Inspirado na cartografía do Burgo de Osma, expresión do proxecto político da oligarquía galega de finais do século XI, consérvase actualmente na Biblioteca Ambrosiana de Milán.   Eis un estrato da peza publicada no número 367 do semanario en papel Sermos Galiza.  
O que en verdade somos

O que en verdade somos

O 'Dicionario dos seres míticos galegos' é un deses libros que inventa mundos. Ou máis ben rescátaos. Porque o volume, publicado hai agora dúas décadas, foi talvez a primeira recollida sistemática de mitoloxía galega desde a Xeración Nós. 
Antía Veres "É un labor das tradutoras eliminar o machismo da linguaxe"

Antía Veres "É un labor das tradutoras eliminar o machismo da linguaxe"

Antía Veres (1990) é licenciada en Tradución e Interpretación, con especialidade en inglés‑galego, pola Universidade de Vigo. Colaborou profesionalmente co proxecto Trasno e foi unha das fundadoras da asociación Trabalingua (2009). Actualmente traballa como autónoma para diferentes editoriais, como Kalandraka ou Hugin e Munin. A tradución de Unha muller perdida, da autora norteamericana Willa Cather, valeulle o Premio Plácido Castro de Tradución, un galardón outorgado pola fundación homónima en colaboración coa Asociación de Tradutores Galegos, que recoñece a mellor tradución do ano á nosa lingua. O xurado destacou o uso dun “galego extremadamente natural e próximo, empregando unha fraseoloxía propia sen alterar a atmosfera natural da novela”. Eis un estrato da peza publicada no número 367 do semanario en papel Sermos Galiza.  
Alerta polo clima sen moita convicción

Alerta polo clima sen moita convicción

O debate sobre o futuro do planeta chegou por fin ás axendas dos partidos políticos da Galiza. Sucédense as proclamas e os discursos cargados de boas intencións, pero a práctica política ten seus límites. Ecoloxistas e sindicatos agrarios temen que os propósitos de cambio fiquen nos papeis da campaña electoral e despois, a nova sensibilidade que pareceu espertar coa mobilización social dos últimos meses, desapareza outra vez na práctica institucional. Mentres, o problema, o quecemento global, agrávase. “Esperemos que esta nova conciencia dos partidos non chegue tarde… e que sexa real”. Os prazos, acúrtanse. O panel internacional de expertas alerta de que quedan 11 anos para que as condicións muden de forma dramática para amplas capas da poboación. Eis un estrato da peza publicada no número 367 do semanario en papel Sermos Galiza.
Galán (Iberdrola) saca proveito da crise das térmicas na Galiza

Galán (Iberdrola) saca proveito da crise das térmicas na Galiza

O feche das centrais térmicas de carbón de Endesa e Naturgy outorga a Iberdrola un papel protagonista no mapa enerxético galego, sendo tamén a que máis enerxía xera das tres a partir de fontes renovábeis. Endesa e Naturgy teñen previsto ampliar nos próximos meses a súa capacidade eólica á espera de concretar alternativas para manter a actividade industrial e os postos de traballo nas Pontes e Meirama. Eis un estrato da peza publicada no número 367 do semanario en papel Sermos Galiza.
Un alivio diferenciado para o malestar psíquico

Un alivio diferenciado para o malestar psíquico

Sermos Galiza afonda na reforma que marcou o principio da fin dos grandes psiquiátricos monográficos que mantiñan as persoas con trastornos mentais severos encerradas, lonxe da súa comunidade. O novo modelo de traballo promove a integración destas doentes no seu contorno e a recuperación do lazo social perdido, pero a falta de planificación e de novos recursos asistenciais aínda manteñen as persoas enfermas tradicionalmente excluídas en situación de abandono. Eis un estrato da peza publicada no número 367 do semanario en papel Sermos Galiza.
#Sermos367: A igualdade sobre o papel

#Sermos367: A igualdade sobre o papel

Xa está no prelo o número 367 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa a partir da noite da cuarta feira e nos quiosques a partir da quinta feira. Abrímolo cunha reportaxe sobre a primeira ordenanza de igualdade que se aproba nunha cidade galega, a da Coruña, que introduce e fixa conceptos como o empoderamento e a sororidade.