servizo
O desmantelamento da cirurxía pediátrica en Ourense, a debate no Parlamento

O desmantelamento da cirurxía pediátrica en Ourense, a debate no Parlamento

A través dunha proposición non de lei presentada na comisión de Sanidade acusan á xerenta do CHUOU --Eloína Núñez, curmá de Feijóo-- de ''manipular'' os dados oficiais para evitar a contratación de persoal facultativo e para xustificar a unificación das áreas sanitarias de Ourense e Vigo. O debate no Parlamento encetará ás 10.30h

OPINIÓN

Centralismo desatado ao servizo da contra-reforma neoliberal

Estamos con clareza nunha fin de etapa. Os avances miudos no proceso de descentralización hai tempo que abriron paso a un acelerado proceso de recentralización competencial e territorial.  Unha recentralización intensa que é un presuposto necesario para a extensión do proxecto neoliberal.  No plano estatal e no europeo centralización, baleiramento dos espazos de control democrático e políticas neoliberais van unidos como pezas dun mesmo puzzle.  A economía posta ao servizo das grandes corporacións e das entidades financeiras precisa ter baixo control centralizado os ámbitos de decisión sobre os que incidir e limitar a existencia de versos soltos. No sector bancario, comercial, sanitario, enerxético, vemos como a garantía da posición das grandes corporacións esixe suprimir calquera ámbito de decisión política autónoma que poida trazar modelos diferenciados que resten espazo ao seu control. A loita dos horarios comerciais de Euskadi; o concurso eólico do bipartito; a poxa farmacéutica de Andalucía; o intento de supervivencia dun sistema de caixas territorial, son todas incómodas mostras de como o autogoberno é combatido con crueza para garantir o control oligopólico dos recursos.

Fonsagrada: cando a imprensa se pon ao servizo da patronal mineira

Fonsagrada: cando a imprensa se pon ao servizo da patronal mineira

As edicións locais de La Voz de Galicia e El Progreso non publicaron o posicionamento da corporación municipal da Fonsagrada contra o proxecto mineiro que unha empresa canadense pretende explotar afectando dúas reservas da biosfera. O rexedor (PSdG) é taxativo: "con ouro ou sen el non imos permitir que nos expolien e o que lles dixen a eses medios é o mesmo que che estou a dicir a ti"

Por unha AP9 ao servizo da cidadanía

Por unha AP9 ao servizo da cidadanía

O 1 de xaneiro as portaxes da AP9 volverán subir, máis unha vez nestes últimos meses. Un "saqueo" ao peto de [email protected] desta vía que leva a AGE e BNG a presentaren iniciativas demandando actuacións. Para alén disto, plataformas de [email protected] chaman a empregar o 28 de decembro vías alternativas de circulación a esta autopista contra a "inocentada" das portaxes
Galiza, máis perto de ter tren de curta distancia

Galiza, máis perto de ter tren de curta distancia

A Comisión de Fomento aprobou a instancias do BNG novas dotacións orzamentarias para implantar este servizo e mesmo valida a creación dunha Xerencia de Cercanías na Galiza. A curta distancia  facilitaría a milleiros de persoas nas áreas metropolitanas un transporte público, axil e efectivo
A privatización de Correos fai perigar o servizo no rural

A privatización de Correos fai perigar o servizo no rural

A decisión do PP de pasar á SEPI a compañía leva o servizo de Correos ás portas da privatización, o que pon en grave risco garantir as prestacións no rural galego. A CIG mostrou a súa oposición nunha mobilización en Compostela.