sindicatos
Os sindicatos advirten á Xunta sobre os efectos da parálise de Endesa
Esixen accións concretas ao Goberno galego

Os sindicatos advirten á Xunta sobre os efectos da parálise de Endesa

CIG, CC OO e UGT advirten á Xunta das “consecuencias negativas” sobre o emprego e a economía de Ferrolterra e Galiza derivadas do paro produtivo que, desde hai catro meses, afecta á central térmica de Endesa As Pontes. Así llo trasladaron ás conselleiras de Industria e Infraestruturas nunha xuntanza este 9 de agosto.
Cando a patronal apunta
REPRESIÓN SINDICAL

Cando a patronal apunta

Na Galiza de 2019 existe represión ou persecución sindical. Unha práctica que se dá en empresas pequenas, medianas e grandes; que se produce no sector público ou privado; e que coarta e dificulta un dos dereitos fundamentais recollidos na Constitución. Eis un extracto da reportaxe, publicada no número 346 do semanario en papel Sermos Galiza.

Guía para non perder o Día da Clase Obreira Galega

Guía para non perder o Día da Clase Obreira Galega

Este domingo varias mobilizacións percorrerán Galiza da man dos sindicatos para conmemorar o Día da Clase Obreira Galega. Unha data de marcado carácter de loita que lembra os asasinatos de Amador Rei e Daniel Niebla o 10 de marzo de 1972 en Ferrol por parte da policía franquista.

Sindicalistas da xustiza denuncian persecución e represión
Chamados a declarar membros da CUT, CIG e STAJ

Sindicalistas da xustiza denuncian persecución e represión

A Fiscalía de Pontevedra e o xulgado de Instrución número 1 da Coruña chamarán a declarar sindicalistas da CUT, CIG e STAJ que participaron na folga da administración de Xustiza entre febreiro e maio deste ano. As traballadoras denuncian “unha campa de persecución” contra as centrais “que non obedeceron á patronal”.
 

Os sindicatos endurecerán a loita no sector do metal
Falamos da greve coa CIG e CCOO

Os sindicatos endurecerán a loita no sector do metal

Esta terza feira, día 27, terá lugar a segunda xornada de folga no sector do metal das comarcas coruñesas, após a greve do día 22, da que os sindicatos saíron satisfeitos. Se non conseguen un convenio xusto, endurecerán a loita sindical. Conversamos con Eduardo Caamaño (CIG) e con Victor Ledo (CCOO).

Paro absoluto, marchas masivas: Galiza, contra a LOMCE

Paro absoluto, marchas masivas: Galiza, contra a LOMCE

A Plataforma galega en defensa do ensino público cifra o seguimento da folga nun 90% e considera que a xornada de loita supuxo "un 'non' rotundo contra a LOMCE". As 14 manifestacións convocadas pola plataforma galega foron, na Galiza, as máis multitudinarias deste 24 de Outubro. Xa no serán, miles de persoas voltaron a saír ás rúas, desta volta chamadas pola plataforma en que se organizan os sindicatos de ámbito estatal.

O naval de Ferrol ve a Montoro "fóra da realidade"

O naval de Ferrol ve a Montoro "fóra da realidade"

O ministro de Economía, Cristóbal Montoro, afirmou en sede parlamentar, en resposta a unha pregunta do BNG sobre o dique para Ferrol, que o estaleiro de Navantia tiña unha "ocupación realmente alta". Afirmación que os sindicatos acolleron cunha mistura de sorpresa e indignación
Sindicatos apoian o indulto a David Reboredo

Sindicatos apoian o indulto a David Reboredo

CIG, CCOO e UGT apoian publicamente a iniciativa para reclamar o indulto para o veciño do barrio do Calvario. Exixen a súa liberdade e denuncian "a laxitude dos tribunais contra casos de corrupción e outros delitos graves"
Sindicatos e BNG, contra a liquidación do sistema financeiro galego e pola exixencia de responsabilidades

Sindicatos e BNG, contra a liquidación do sistema financeiro galego e pola exixencia de responsabilidades

Unha delegación do BNG reuniuse co comité de empresa de NGB para valorar o futuro da entidade, sometida a un plan de reestruturación que implica 2.500 despedimentos e que poderá acabar coa venda ou liquidación ordenada do banco. O voceiro parlamentar nacionalista, Francisco Jorquera, anunciou que pedirán que se depuren responsabilidades na comisión de investigación das caixas, así como a comparecencia na mesma de Núñez Feijóo
Sindicatos concéntranse contra os despedimentos en NGB

Sindicatos concéntranse contra os despedimentos en NGB

A entidade financeira prevé o despedimento de 2.500 [email protected] como parte do programa de re-estruturación exixido co gallo do rescate recibido. Neste sentido os sindicatos aseguran que non se reunirán coa empresa até que o FROB se reúna con eles e dea conta de cal será o futuro da entidade que podería supor a súa venda ou liquidación en 2017.