soberania-alimentar
Sementar, sementarei variedades do país

Sementar, sementarei variedades do país

Moitas sementes de variedades tradicionais cultivadas durante séculos na Galiza foron substituídas nos últimos anos por híbridos comerciais e transxénicos alterados por macroempresas privadas que comercializan semente de rápido crecemento e produtividade. Arrasan así coa diversidade e fannos camiñar cara á homoxeneización global. Pola contra, afloran proxectos públicos e de entidades comprometidas co país que poñen en marcha iniciativas que marcan a diferenza, a calidade e o camiño para un agro galego produtivo, que conserve as súas variedades e estea cheo de futuro. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 353 do semanario en papel Sermos Galiza.

Quilmas: predicar e dar trigo pola defensa da terra
AGROECOLOXISMO

Quilmas: predicar e dar trigo pola defensa da terra

A cooperativa agroecolóxica Rainha Lupa organizou para este domingo a IV edición dun mercado en que @s veciñ@s do lugar venden os produtos que colleitan nas terras sementadas para impedir a ampliación da granxa acuícola de Stolt Sea Farm
Comercio xusto: a loita política a prol da soberanía alimentar
DÍA INTERNACIONAL

Comercio xusto: a loita política a prol da soberanía alimentar

En Grecia nunca oíran falar desta maneira alternativa de mercar e vender, mais adoptárona deseguida cando a crise chamou ás súas portas, como unha maneira de rexeitar as ordes dos mercados e de multinacionais como Nestlé, que coloca o selo Fair Trade a unha gama dos seus chocolates. Na Galiza vender alimentos caseiros a prezos xustos supón recorrer case á clandestinidade