suso-de-toro
Zapatero afirma que será o diálogo e non os tribunais quen resolva o conflito catalán
Suso de Toro presenta Zapatero en Compostela

Zapatero afirma que será o diálogo e non os tribunais quen resolva o conflito catalán

O expresidente José Luis Rodríguez Zapatero impartiu a conferencia Diálogo e política en Compostela, presentada por Suso de Toro, na que asegurou que o conflito catalán non "o resolverán os tribunais", senón que só é posíbel resolvelo desde "a política e o diálogo". O exmandatario tamén descartou a repetición das eleccións xerais e confirmou que Pedro Sánchez será presidente “si ou si”.

Un xuízo sen probas
Antón Losada e Suso de Toro analisan para Sermos os primeiros compases do proceso ao procés

Un xuízo sen probas

"Este é un xuízo político feito por un tribunal político" (Suso de Toro, escritor e activista, moi involucrado na defensa da causa autodeterminista catalá). "A Fiscalía non ten caso. Non ten elementos de probas que demostren a existencia dun delito de rebelión" (Antón Losada, profesor de Ciencias Políticas da USC e colaborador de distintos medios de comunicación). Esgotados os primeiros capítulos do proceso ao procés, falamos con Losada e De Toro sobre un xuízo penal que é moito máis que iso: estamos ante un procedimento xudicial que testa a calidade da democracia no estado.

Suso de Toro incorpórase ao BNG

Suso de Toro incorpórase ao BNG

O escritor, autor dunha das obras máis influentes da literatura galega das últimas tres décadas, tramita a súa alta como afiliado do BNG. Así o anunciou na súa conta twitter. Referente intelectual no seu día da Esquerda Galega de Camilo Nogueira, Suso de Toro (Compostela, 1956) xa fixo parte da candidatura do Bloque ao Parlamento europeu en 2014. 

Suso de Toro dá un descanso ao seu dietario

Suso de Toro dá un descanso ao seu dietario

Após tres meses de se debruzar de segunda feira a domingo sobre a xanela de Sermos, Suso de Toro (Compostela, 1956) toma un respiro na experiencia de escrita diaria neste xornal dixital.

"Non leo literatura, nin galega nin non galega"
Suso de Toro, escritor

"Non leo literatura, nin galega nin non galega"

No escritorio de Suso de Toro (Santiago de Compostela, 1956) hai dous libros no medio do camiño, unha novela e unha comedia teatral “de enredo”. Outro máis, un ensaio, talvez nunca acabe de nacer. “Xa non creo que o escriba”, confesa. Título si tiña: Cómo intenté ser español y no me dejaron. Porque De Toro busca agora “o gozo de escribir unha historia”. Desa paixón alegre xurdiu Fóra de si (Xerais, 2018), a historia do neurocirurxián Ricardo Marzoa coa que, orgulloso, se desdí. Hai oito anos anunciara o seu abandono da literatura. “Recuperei a fe”, explica. Eis un extracto da conversa publicada no Sermos Galiza 284.

De Toro e Losada aparecen na lista de "españois cómplices co independentismo"
Revista de Imprensa

De Toro e Losada aparecen na lista de "españois cómplices co independentismo"

Non se pode historiar o xornalismo español das últimas décadas sen contar coa figura de Pedro Jota Ramírez. Agora dirixe un dixital, El Español, claramente ancorado en latitudes conservadoras e españolistas. Este domingo este meio publicou un texto intitulado "Os españois cómplices co independentismo".

Escribir a máquina para corrixir o mundo
Suso de Toro pecha a iniciativa Tac tac tac

Escribir a máquina para corrixir o mundo

O acto físico da escritura é o máis oposto que existe ao espectáculo. Non hai nada que observar, non hai ningunha razón para o entretemento, non existe dimensión escénica. Unha persoa en silencio desliza a pluma sobre o papel, preme nun computador. Ou, como na acción Tac tac tac comisariada por Suso de Toro na libraría Numax de Compostela, interrompe a quietude co ruído analóxico dunha máquina de escribir.  
 

"Eu non quería ser un escritor como os que coñecía, eu pretendía ser un escritor como os que eu admiraba"
Entrevistamos Suso de Toro

"Eu non quería ser un escritor como os que coñecía, eu pretendía ser un escritor como os que eu admiraba"

Suso de Toro anuncia que volve escribir ficción e aló imos onda el, que nos agarda no Instituto Rosalía e nos fai de cicerone por un edificio con corticeiras centenarias con abellas que entran a través da coroa dun dos escudos. Prexubilado e afábel, coma sempre, bota un ollo atrás á súa carreira sen esquecer os marcos que impón o contexto histórico, avaliando éxitos e recoñecendo fracasos.