teatro
Faia Díaz e Vero Rilo levan 'Por unha peseta' a Outeiro de Rei
Sábado 18 de maio

Faia Díaz e Vero Rilo levan 'Por unha peseta' a Outeiro de Rei

Apatacón é a compañía musical e teatral que Faia Díaz -coñecida polo seu labor vocal en Coro do Encaixe ou De Vacas- e a contadora Vero Rilo puxeron en marcha coa idea de “investigar os límites e puntos de encontro das súas disciplinas”. O sábado 18 de maio amosarán algúns dos seus resultados na casa museo Manuel María, de Outrieo de Rei.
 

Novo teatro para “unha Galiza posíbel”
Positivas e a Xunta publican 'Neorretranca e posmorriña'

Novo teatro para “unha Galiza posíbel”

Son os textos base da ultima montaxe do Centro Dramático Galego. Obra de Esther F. Carrodeguas e Roi Vidal Ponte, agrupados como Neorretranca e posmorriña, propoñen unha lectura humorista e aguda desde rexistros diferentes da “Galiza máis alá dos tópicos”. Así o explica quen dirixiu a montaxe, Gena Baamonde, no limiar ao libro das pezas publcado por Positivas e a Xunta.
 

O galego de Shakespeare
'Ao voso gusto' e 'Medida por medida', últimas traducións

O galego de Shakespeare

Entre as máis celebradas comedias de Shakespeare atópase Ao voso gusto. Enredos e ambigüidades, “brillante e divertida”, é peza maior do ciclo cómico do inglés. O tradutor Miguel Pérez Romero vén de publicar a súa versión nun volume conxunto coa “comedia problema” A medida por medida.
 

A Escola Municipal de Teatro de Vigo adapta 'Chamádeme Simbad', de Francisco Castro
Estrea o 29 de abril

A Escola Municipal de Teatro de Vigo adapta 'Chamádeme Simbad', de Francisco Castro

Chamádeme Simbad (Galaxia, 2009) é un dos títulos de máis éxito de entre a prolífica obra de Francisco Castro (Vigo, 1966). O libro, publicado nunha colección infantil, reflexiona sobre a memoria e a enfermidade. O 29 de abril estréase a versión teatral, no auditorio de Vigo, a cargo da Escola Municipal de Teatro.
 

Quico Cadaval dirixe unha adaptación do brasileiro Rubem Fonseca
'Carpe Diem' estréase en Compostela esta cuarta feira

Quico Cadaval dirixe unha adaptación do brasileiro Rubem Fonseca

É un dos narradores maiores da literatura brasileira. “Linguaxe explícito, violencia, enigma e cinismo son algúns dos elementos que nos excitan e nos desafían da obra de Rubem Fonseca”, explica Producións Teatrais Excéntricas. Baixo a dirección de Quico Cadaval, estrea esta cuarta feira Carpe Diem no Teatro Principal de Compostela.
 

O premios María Casares substitúen as xerras de Sargadelos por pezas de Paula Pereira
En protesta contra a deriva da histórica compañía

O premios María Casares substitúen as xerras de Sargadelos por pezas de Paula Pereira

Unha intepretación do rostro de María Casares a cargo da ceramista Paula Pereira (Arcade, 1986) será o trofeo da 23ª edición dos premios de teatro María Casares, outorgados pola Asociación de Actores e Actrices de Galiza. As pezas substituirán ás tradicionalmente empregadas de Sargadelos.
 

Iria Pinheiro gaña o premio Maruxa Villanueva de interpretación teatral
'Anatomía dunha serea' é o seu último traballo

Iria Pinheiro gaña o premio Maruxa Villanueva de interpretación teatral

O xurado da décimo oitava edición do premio Maruxa Villanueva de intepretación teatral decidiu outorgarlo á actriz Iria Pinheiro. “Destacamos a súa valentía na reivindicación do feminismo e na capacidade para empregar a arte e avisibilidade como actriz para causas xustas e necesarias”, sinalou.
 

"Se isto non se amaña, Santa Bolaña"
Procesión laica en honra de Vidal Bolaño

"Se isto non se amaña, Santa Bolaña"

O pasado 22 de decembro, ao caer da tarde, unha estraña, singular romaría atravesou Compostela. Músicos, teatreiros, espontáneas, algún rostro coñecido pola televisión, simples amantes da troula, celebraban Roberto Vidal Bolaño, a súa vida, a súa obra, a súa ollada sobre a cidade. A procesión da Santa Bolaña volvía á améndoa histórica da capital.
 

O teatro completo de Manuel María, en Foz
Presentación do volume o 31 de xaneiro

O teatro completo de Manuel María, en Foz

As 33 obras de teatro escritas por Manuel María están, desde hai uns meses, dispoñíbeis nun só volume. Encargouse de recompilalas e editalas a profesora Pilar García Negro. De publicaras, a casa museo do escritor, localizada en Outeiro de Rei. Esta quinta feira, ás 20.30, García Negro e o secretario da fundación Manuel María presenta esta obra dramática completa en Foz.
 

O teatro, grande protagonista da fin de semana
Que facer?

O teatro, grande protagonista da fin de semana

Presentación de Iridium, de Francisco Castro

San Sadurniño

Casa da Xuventude

Sexta feira

20.00h

A casa da Xuventude de San Sadurniño acolle esta sexta feira 25 de xaneiro, a partir das 20h, a presentación...

Trinta e dous espectáculos optan aos premio de teatro María Casares

Trinta e dous espectáculos optan aos premio de teatro María Casares

A gran gala do teatro galego será o vindeiro 21 de marzo no Teatro Rosalía da Coruña. Trinta e dous espectáculos e máis de 300 profesionais optan aos premios de teatro María Casares que, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galiza, atinxen a súa edición número 23.
 

Comedia Bífida este sábado en Foz

Comedia Bífida este sábado en Foz

O salón de actos do Colexio Martínez Otero de Foz acolle este sábado 15 de decembro ás 20:00 h a estrea de Comedia bífida, unha obra de teatro de Manuel Núñez Singala, representada polo grupo teatral Touporroutou.

“O teatro leva moito tempo inventado e aínda ninguén puido con el”
Entrevista a Manuel Lourenzo

“O teatro leva moito tempo inventado e aínda ninguén puido con el”

Manuel Lourenzo (Ferreira do Valadouro, 1943) encetou a súa andaina teatral nos sesenta para impulsar un teatro en galego e para Galiza, un teatro propio. Conversamos con el cando vén de recibir o Xograr de Outono do FIOT e a piques de recoller o Facho de Ouro. Eis un extracto da entrevista publicada no número 320 de Sermos Galiza.

“No teatro de Manuel María hai unha vontade de pedagoxía social moi importante”
María Pilar García Negro, profesora da UDC e escritora

“No teatro de Manuel María hai unha vontade de pedagoxía social moi importante”

María Pilar García Negro (Lugo, 1953) vén de recoller nun volume editado pola Fundación Manuel María as 33 obras de teatro que deixou o prolífico escritor. Ademais, a profesora da Universidade da Coruña (UDC) e escritora vén de ser recoñecida co diploma ad honorem no marco da XVII Asemblea da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT) polos seus estudos sobre Rosalía de Castro e pola súa traxectoria feminista. Conversamos con ela ao respecto. Eis un extracto da entrevista, publicada no número 318 de Sermos Galiza.

Iria Pinheiro presenta unha peza teatral sobre a violencia obstétrica
Da man de Chévere

Iria Pinheiro presenta unha peza teatral sobre a violencia obstétrica

O teatro documento tamén abranxe a primeira persoa do singular. Así o entende a actriz Iria Pinheiro, quen presenta esta quinta feira, 18 de outubro, a súa peza teatral Anatomía dunha serea, baseada na súa propia e traumática experiencia coa violencia obstétrica.
 

O mundo literario de Méndez Ferrín viaxa ao circo
Cadaval dirixe "Arnoia, Arnoia"

O mundo literario de Méndez Ferrín viaxa ao circo

Arnoia, Arnoia é unha novela de aventuras, épica como corresponde ao seu autor, Xosé Luís Méndez Ferrín. A compañía Pistacatro e o Centro Dramático Galego, con dirección de Quico Cadaval, lévana ao circo. Sermos Galiza asistiu a un dos últimos ensaios antes da estrea. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 317 de Sermos Galiza.

'Nome: Bonita', de Vanesa Sotelo, premio Mondoñedo 10 de teatro
O galardón recoñece o mellor texto teatral da última década

'Nome: Bonita', de Vanesa Sotelo, premio Mondoñedo 10 de teatro

Para o xurado do premio Mondoñedo 10 na modalidade de teatro, Nome: Bonita, de Vanesa Sotelo, é a mellor peza dramática galega dos dez últimos anos. “Revela unha voz dramática moi sólida caracterizada por un lirismo que entronca coa dramaturxia do mindoniense Álvaro Cunqueiro”, sinala o fallo.
 

 O circo aprópiase de 'Arnoia, Arnoia'
Adaptación escénica do libro de Ferrín

O circo aprópiase de 'Arnoia, Arnoia'

Ese relato de iniciación á vida adulta, épico e alegórico como adoita o seu autor, que se titula Arnoia, Arnoia (1985) será circo. O Centro Dramático Galego, en coprodución coa compañía Pistacatro e baixo a dirección de Quico Cadaval, estrea esta quinta feira 11 de outubro a adaptación da obra de Xosé Luís Méndez Ferrín, subtitulada O circo da casa pequena.
 

Comeza o Festival de Teatro de Carballo, centrado na igualdade
41 espectáculos, tres estreas absolutas e 12 galegas

Comeza o Festival de Teatro de Carballo, centrado na igualdade

É unha das citas clásicas da escena galega. Esta sexta feira comeza a 27ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. A programación, centrada “na igualdade, no lecer e na incorporación da mocidade ao mundo do teatro”, estenderase ate o 31 de outubro.
 

Do mellor do teatro galego, no Carballiño
Entre o 22 e o 24 de agosto

Do mellor do teatro galego, no Carballiño

O Festival de Teatro Galego do Carballiño fai 29 anos. Do 22 ao 24 de agosto, ofrecerá unha escolma do mellor do xénero, acompañado de numerosas actvidade paralelas. “É o único festival que se centra exclusivamente nas artes escénicas producidas en Galiza”, presume a asociación cultural Fetega, organizadora da cita.
 

Dez encarnacións de Ernesto Chao

Dez encarnacións de Ernesto Chao

A morte de Ernesto Chao (Ribadavia, 1943-Compostela, 2018) deixou a escena galega sen unha figura principal. Activista e entusiasta, organizador, dotado actor non unicamente cómico, presenza familiar e popular, a traxectoria de Chao atravesou territorios diversos. Velaquí dez esteos imprescindíbeis dunha vida dedicada á interpretación.
 

O festival de teatro de Carballo recoñece a traxectoria de Manuel Lourenzo
O dramaturgo será Xograr de Outono

O festival de teatro de Carballo recoñece a traxectoria de Manuel Lourenzo

É un dos escritores de teatro principais de Galiza. E dos dramaturgos. E dos actores. E dos promotores. Figura chave na contemporaneidade do xénero, Manuel Lourenzo (O Valadouro, 1943) será o Xograr de Ouro do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, que este ano chega á súa edición número 27.
 

34 anos (e máis) de teatro en Ribadavia
A MIT comeza este sábado con 21 representacións

34 anos (e máis) de teatro en Ribadavia

É unha das mostras teatrais máis veteranas de Galiza. E, sen dúbida, das máis importantes. Na súa prehistoria atópanse as Mostras de Teatro Abrente, en funcionamento entre 1973 e 1981. Mais este ano a Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia fai 34 edicións consecutivas, cun programa de 21 representacións que “reforza os espectáculos de rúa”.
 

'Laudamuco', cando o teatro galego se fixo adulto
40 anos da primeira función profesional

'Laudamuco', cando o teatro galego se fixo adulto

O 16 de maio de 1978 o teatro galego entrou nunha dimensión descoñecida. Ese día, a función de Laudamuco, señor de ningures en La Salle (Santiago de Compostela) supuxo o inicio do camiño profesional da escena despois do franquismo. A corenta anos daquel fito histórico, a actriz e compañeira de Roberto Vidal Bolaño -autor da obra- Laura Ponte lembra aquel destemido salto adiante.
 

“O teatro ensina a poñerse no lugar dos demais”
Tareixa Campo

“O teatro ensina a poñerse no lugar dos demais”

A última Mostra Internacional de Teatro de Ourense pechou cun recoñecemento ao infatigábel labor de Tareixa Campo (Val do Mao, O Incio, 1946) a prol da escena amadora. Dramaturga, actriz, pedagoga, fundadora da compañía clásica do teatro afeccionado Achádego hai agora tres décadas, Campo non ten prevista a retirada: “Como din por aí, mentres o corpo aguante”. Na actualidade, participa en Balas sobre Broadway, de Woody Allen –“fago de actriz decadente, moi divertido”–, e ataca a banalidade xornalística dos faladoiros en Opino de que. Ambas as dúas da man de Achádego. Eis un extracto da conversa publicada no número 295 de Sermos Galiza.

A Asociación de Actores e Actrices alerta das externalizacións do CDG
Esixe “refundar” a institución

A Asociación de Actores e Actrices alerta das externalizacións do CDG

A Asociación de Actores e Actrices de Galiza vén de emitir un comunicado en que critica duramente a actual e “grave” situación do Centro Dramático Galego (CDG). Esmorecemento da súa actividade, un principio de externalización, a mingua na contratación de intérpretes, a escasa distribución e a desconexión do público son os eixes que sosteñen un documento que esixe a “refundación da institución”.
 

Valle-Inclán revolucionado
O CDG volve a 'Divinas Palabras'

Valle-Inclán revolucionado

De “traxicomedia de aldea” -como subtitulou o seu autor- a “traxicomedia da aldea global”. Eis a síntese da viaxe á que o Centro Dramático Galego somete un dos máis celebrados, e crueis, esperpentos de Valle-Inclán, o tamén rebautizado Divinas Palabras Revolution. Estréase esta quinta feira, 12 de abril, no Salón Teatro de Santiago.

Un Ibsen de peto
'Clásicos nunha hora' adapta pezas dramáticas históricas

Un Ibsen de peto

Nora Helmer é unha das grandes personaxes do teatro universal. A protagonista de Casa de Bonecas rebélase, non acepta máis as condicións dadas en que facía a súa vida. Abandona o fogar. “O noso lar non foi máis ca un cuarto de xogos. Eu fun a túa boneca”, espétalle a Torvald Helmer, “como antes fora a boneca de papá; e aquí os nenos foron os meus bonecos”. O eco da peza de Henrik Ibsen non se apagou. Sábeo a compañía Estudo do Momento, que abre con ela o seu proxecto Clásicos nunha hora.
 

Unha compañía amadora recupera un 'parrafeo' galeguista de 1915

Unha compañía amadora recupera un 'parrafeo' galeguista de 1915

É practicamente a prehistoria do teatro moderno en Galiza. Os parrafeos, unha especie de diálogos por veces socráticos e con raíces populares, contribuíron á codificación dunha escena galega e en galego. Este sábado, na Casa Museo Manuel María de Outeiro de Rei, a compañía amadora da Sociedade Cultural Medúlio de Ferrol recupera un emblemático: Mal de moitos, de Euxenio Charlón e Manuel Sánchez.
 

Criación teatral arredor do país
Manuel Lourenzo ao fronte de GrupoDramaturXa

Criación teatral arredor do país

Reflexionar sobre a identidade galega en chave teatral. Ese é o obxectivo do primeiro Grupo DramaturXa, unha experiencia en que dez autoras e autores desenvolverán cadansúa peza teatral a partir do traballo individual e colectivo. Das obras resultantes, tres han de ser escollidas para levar a escena en produción propia do Centro Dramático Galego, impulsor da iniciativa xunto coa Asociación Galega de Dramaturxia DramaturGA.

Lume no teatro, por Xoán Costa

Lume no teatro, por Xoán Costa

Na noite do 3 ao 4 de xaneiro de 1867, na Coruña, un incendio destrúe o Teatro Principal, hoxe, e desde 1909, Teatro Rosalía. En 1868 comezan as obras de reconstrución que lle dan o aspecto que agora coñecemos, sobre todo na...

A grande festa do monicreque
Máis de 40 funcións na 22ª edición de Galicreques

A grande festa do monicreque

Vinte e seis compañías de Galiza, Arxentina, Chile, Francia ou Portugal encherán a programación da 22 edición de Galicreques, que comeza este sábado en Santiago de Compostela. Un desfile de xigantes e cabezudos pola cidade vella contra a unha do mediodía será a primeira das máis de 40 funcións da gran festa do monicreque.
 

#AllWeNeedIsFIOT
Teatro

#AllWeNeedIsFIOT

Xa latexa a XXVI Edición do Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo (FIOT) e continuará co pulso firme até o 28 de outubro. Algo máis dun mes para gozar dun total de trinta e catro obras con tres coproducións, sete estreas absolutas e outras sete estreas na Galiza.

Oito compañías na Mostra de Teatro Afeccionado de Rianxo

Oito compañías na Mostra de Teatro Afeccionado de Rianxo

Seis xornadas repartidas entre esta e a vindeira fin de semana acollerán a segunda Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego de Rianxo. Lowcost por Shakespeare, da compañía compostelá Tolemia Teatro, abrirá o festival esta sexta feira, ás nove na sala Arcos Moldes do auditorio municipal. Nove obras completan o programa.
 

O festival Galicreques premia a compañía Etcétera

O festival Galicreques premia a compañía Etcétera

O xa veterano festival Galicreques, que transcorrerá entre o 14 e o 22 de outubro en Santiago de Compostela, vén de anunciar a concesión do seu premio á compañía andaluza de monicreques Etcétera. Con sede en Granada e dirixida por Enrique Lanz, 35 anos de traxectoria avalan a experiencia de Etcétera, que, segundo a organización de Galicreques, "sempre se caracterizou por abrir novos camiños na dramaturxia e na posta en escena".