teixeiro
O Estado indemnizará con 11.640 euros a un recluso agredido en Teixeiro

O Estado indemnizará con 11.640 euros a un recluso agredido en Teixeiro

O cárcere de Teixeiro segue no foco polas diferentes denuncias respecto do trato os presos. Esta terza feira o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza informou dunha condena ao Estado como responsábel civil polas consecuencias dunha agresión a un recluso por parte doutro no ano 2016. Ademais, estaba previsto que a Audiencia Provincial da Coruña retome o xuízo contra seis funcionarios da prisión e un preso por un incidente en maio de 2012.