territorio
O país onde cada ano hai 90 novas aldeas pantasmas

O país onde cada ano hai 90 novas aldeas pantasmas

Galiza abeira os 2.000 núcleos deshabitados, 800 máis que hai oito anos, e acolle outros 2.000 con 1 ou dous habitantes. Ao tempo, e nestes primeiros seis meses de 2018, perdemos 3.850 habitantes.

 

Galiza perdeu 7.000 habitantes no ano...

“Moitas veces o nacionalismo e a esquerda idealizan a vida na aldea”
Entrevistamos Xosé Constenla, xeógrafo

“Moitas veces o nacionalismo e a esquerda idealizan a vida na aldea”

O colapso territorial en Galiza (Galaxia, 2018) propón unha metodoloxía e unha diagnose. Explica que cómpre analizar o espazo en que sucede a vida e relata como as lóxicas do capital desartellaron a paisaxe galega e, polo tanto, a vida que nela sucedía. O xeógrafo Xosé Constenla (Santiago de Compostela, 1980) avanza estar preparando unha segunda parte propositiva, pero no Colapso territorial xa prescribe “atender a eses procesos de base local que emerxen desde abaixo e comezar a tecer redes de cooperación”. Apoiado na teoría crítica, Constenla ergueu un ensaio, premio Ramón Piñeiro, polo que circulan asuntos cruciais para a Galiza contemporánea. Eis un extracto da conversa publicada no número 307 de Sermos Galiza.

“O territorio non é un mero espectador”
Xosé Constenla gaña o Piñeiro cun ensaio sobre o “colapso territorial”

“O territorio non é un mero espectador”

Reivindicar para a xeografía papel de intervención na vida pública non é o menor dos obxectivos do ensaio co que Xosé Constenla vén de gañar a décimo sétima edición do premio Ramón Piñeiro. O colapso territorial de Galiza. Unha lectura dende o espazo da construción social do país é o título dun tratado cuxo xérmolo se atopa na disonancia entre “a axenda dos grandes partidos políticos e as demandas da xente”. En concreto, aquelas de “base xeográfica ou espacial”.
 

Esixen a devolución do territorio de Guantánamo a Cuba
RELACIóNS EUA-CUBA

Esixen a devolución do territorio de Guantánamo a Cuba

Con motivo da apertura das relacións diplomáticas entre os Estados Unidos de América e Cuba, a Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños (CELAC) esixe a devolución a Cuba do territorio de Guantánamo, ocupado de maneira ilegal polos EUA.

Carlos Blanco: "Londres tiña que entrar nas nosas xiras por territorio galego"

Carlos Blanco: "Londres tiña que entrar nas nosas xiras por territorio galego"

Chegou, contou e trunfou. Carlos Blanco estivo de xira en Inglaterra e a súas actuacións en Londres poderíanse resumir como dúas horas de humor a cachón e gargallada continua. Arredor de trescentos galegos e galegas emigrantes na cidade gozaron dunha última noite de retranca que el defende como "patrimonio da humanidade".

Israel bombardea de novo Gaza e lanza un ataque en territorio sirio

Catro persoas resultaron mortas após un ataque do exército israelí na Faixa de Gaza. Segundo fontes médicas do goberno de Hamás, todas as vítimas son civís e vivían no barrio de Zeitoun. Aliás, as Forzas Armadas israelís afirman ter realizado "disparos de advertencia" contra territorio sirio despois de caer un proxectil nos Altos do Golán.