theresa-may
O SNP promove a censura ao Goberno May ante o tímido ataque de Corbyn á primeira ministra

O SNP promove a censura ao Goberno May ante o tímido ataque de Corbyn á primeira ministra

A iniciativa do Labour Party limitábase a unha censura formal, sen consecuencias políticas seguras, á primeira ministra. Nos usos do Parlamento británico hai dúas mocións de non confianza (censura) posíbeis. Unha contra a prime minister, que a nada obriga, nen sequer a súa celebración. Outra contra o conxunto do "goberno da súa maxestade", que si se ten que verificar na cámara e que pode abocar o país a eleccións antecipadas. Ao apostar Corbyn timidamente pola primera vía,  o SNP —con 35 asentos en Westminster— tomou a iniciativa e lidera unha moción de censura a todo o executivo.

Corbyn pide eleccións anticipadas se Westminster rexeita o acordo do Brexit
May pon en xogo o seu futuro político

Corbyn pide eleccións anticipadas se Westminster rexeita o acordo do Brexit

A terza feira, o Parlamento británico submeterá a votación o acordo alcanzado por Downing Street con Bruxelas sobre a saída do Reino Unido da Unión Europea, axendada para marzo de 2019. A primeira ministra, a conservadora Theresa May, podería sufrir unha derrota histórica. Un nutrido grupo do Conservative Party pon a proa ao pacto de Londres coa Comisión Europea.

Fervenza de demisións no gabinete May polo acordo sobre o Brexit
Os críticos ven en perigo a integridade territorial do Reino Unido

Fervenza de demisións no gabinete May polo acordo sobre o Brexit

A escasas horas de a primeira ministra comparecer en Westminster face un Parlamento hostil —oposición laborista e do SNP, profundas divisións no campo tory—, até tres ministros presentaron a súa demisión: Dominicic Raab, responsábel precisamente da carteira do Brexit, ben como Shailesh Vara e Ester McVey, titulares de Irlanda do Norte e Traballo e Pensións, respectivamente. Os mercados tamén disparan contra May, cunha acusada caída da libra esterlina.

OPINIÓN

Escocia e Gales: unha puñada na mesa

Os gobernos de Gales e Escocia dixeron basta. Fartos das incongruencias , as contradicións e a falta de transparencia dos negociadores británicos e ante a clara ameaza de recentralización de poderes coas novas leis do Goberno de May para a aplicación do Brexit, decidiron...

Londres e Bruxelas preparan os papeis do divorcio

Londres e Bruxelas preparan os papeis do divorcio

Londres e Bruxelas comezan esta segunda feira a conversar para materializar o “Brexit”. David Davis e Michel Barnier -xefes da equipa británica e da Unión Europea, respectivamente- presentábanse diante das cámaras ás nove e cuarto da mañá para dar así comezo á primeira semana de negociacións.

OPINIÓN

A vitoriosa derrota de Jeremy Corbyn

En política hai derrotas que son vitorias e vitorias que son derrotas. Theresa May convocou eleccións antecipadas para machucar o Partido Laborista e negociar con mans libres o dossier do Brexit. O listón púxoo no mantimento da...

OPINIÓN

Reino Unido: entre o terror, o debate e a esperanza

Por segunda vez a campaña electoral de Reino Unido veuse afectada e condicionada polo terrorismo. Aumentan as críticas aos recortes do Goberno conservador e ás súas políticas en seguridade, defensa e relacións exteriores. 

...
OPINIÓN

Brexit e eleicións xerais no Reino Unido

Tudo semellaba indicar que a grande vencedora nas eleicións xerais convocadas no Reino Unido para o oito de xuño sería Theresa May, grazas á maneira en que se amostrou decidida a defender o Brexit logo do referendo no que...