touradas
“A tortura non é arte nin cultura”
Manifestación contra as touradas en Pontevedra

“A tortura non é arte nin cultura”

Centos de persoas responderon, unha vez máis, á chamada de 130 colectivos e entidades para protestar nas rúas de Pontevedra contra as corridas de touros. A pancarta detrás da que camiñaron este sábado 10 de agosto dicía: “A tortura non é arte nin cultura. Touradas fóra de Pontevedra”.
"Alucino con que aínda haxa touradas, máis aínda aquí, na Galiza, onde non hai tradición"
Baia Fernández lerá o manifesto antitouradas

"Alucino con que aínda haxa touradas, máis aínda aquí, na Galiza, onde non hai tradición"

Baia Fernández vai ser quen lea este ano o manifesto do protesto antitouradas, unha mobilización que terá lugar este sábado a partir das 20 horas e con punto de saída na Praza da Peregrina (Pontevedra) baixo o lema 'Agora abolición'. Desenvolverase coincidindo cos touros, que desde 2015 -ano en que o PP deixou de gobernar na Deputación-, carecen da axuda pública.

Maus tempos para as touradas em Portugal
Póvoa de Varzim vai derrubar a sua praça

Maus tempos para as touradas em Portugal

Primeiro foi Viana do Castelo. Agora é o turno de Póvoa de Varzim, autarquia que a inícios de 2020 vai deitar abaixo a sua praça de touros. "Somos contra o tratamento violento de animais", diz o presidente da câmara municipal, o conservador Aires Pereira. Em Portugal as touradas recuam em toda a parte. Neste momento apenas há festejos taurinos em 12% dos concelhos do país.

"GALICIA, MELLOR SEN TOURADAS"

Recollen máis de 245.000 sinaturas para a abolición das touradas

Cada vez son máis as persoas que avogan pola supresión das corridas de touros en Galiza, un espectáculo bárbaro que nada ten a ver co noso país. O colectivo Galicia, Mellor sen Touradas vén de dar conta das máis de 245.000 sinaturas recollidas para abolir as corridas de touros ao longo do país.

Galiza reaxe contra as touradas

Galiza reaxe contra as touradas

Pontevedra maniféstase o sábado contra a violencia animal mentres a veciñanza de Triacastela rexeita no pleno municipal que o goberno organice unha tourada na vila.

“Só o Concello da Coruña gastou 600.000 euros en touradas en tres anos”

“Só o Concello da Coruña gastou 600.000 euros en touradas en tres anos”

Desde o 2011, o Concello da Coruña gastou 600.000 euros en touradas. A Deputación de Pontevedra e concellos como Sarria ou Muíños destinan tamén cartos públicos a eventos taurinos. O voceiro de Galicia, Mellor Sen Touradas, Rubén Pérez denuncia que se están dilapidando cartos públicos en eventos que maltratan animais e só responden a gustos persoais de gobernantes. 

100.000 sinaturas pola abolición das touradas en Galiza

100.000 sinaturas pola abolición das touradas en Galiza

Galiza Mellor sen Touradas rexistrou no Parlamento as máis de 100.000 firmas recollidas dende comezos de ano e apuntou a posibilidade de presentar unha ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) en termos semellantes á redactada no territorio catalán.

Crowdfunding na procura de 1.800 euros contra as touradas

Galiza mellor sen touradas e Libera poñen en marcha unha campaña de financiamento masivo para a colocación de tres valados publicitarios en contra dos espectáculos taurinos na Coruña. Estarían un mes cada unha, nun período inmediatamente anterior á primeira manifestación antitaurina na cidade herculina. Aliás, o Espazo parlamentar en defensa dos animais será "renovado" nesta lexislatura, con [email protected] de BNG, PSOE e AGE
A loita contra as touradas pide espazo no debate político cara ao 21-O

A loita contra as touradas pide espazo no debate político cara ao 21-O

Animalistas chaman a unha ''maior conciencia'' nas forzas que procuran representación no Parlamento galego: piden actualizar a lei de protección animal do 93 e renovar o Espazo parlamentar pola defensa dos animais, creado nesta lexislatura e do que fixeron parte BNG e PSOE. Prohibir os espectáculos de tortura volve ser a principal prioridade
Denuncian que as touradas volven a TVE, e en horario infantil

Denuncian que as touradas volven a TVE, e en horario infantil

A través da campaña #ocaralloTVE, lanzada nas redes sociais, fan un chamamento á cidadanía galega para desintonizarmos a canle pública española, e sinalan que na dirección do ente só se argumentou que a programación taurina "ten audiencia"
A voz de centos de persoas contra as touradas óuvese en Pontevedra

A voz de centos de persoas contra as touradas óuvese en Pontevedra

Segue a se considerar unha "tradición" a mutilación e asasinato público dun animal. Centos de persoas saíron ás rúas de Pontevedra, nas festas da Peregrina, para reclamaren unha cidade sen touradas, unha práctica que constitúe tortura animal e "non ten nada que ver coa nosa cultura". 
VÍDEO NO INTERIOR.


A Coruña érguese contra as touradas

A Coruña érguese contra as touradas

Diversas organizacións, asociacións e colectivos convocan unha concentración contra as touradas o vindeiro 4 de agosto con que exixen a abolición deste tipo de tortura animal e a eliminación das axudas públicas á tauromaquia.

A mocidade galega, xunta pola abolición das touradas

Até nove colectivos xuvenís asinan un manifesto en contra da actividade e do seu financiamento con cartos públicos. Galiza Nova convoca para este domingo unha concentración en Sarria, cadrando coa realización dun evento taurino, para mostrar a repulsa a unha actividade que 'nin é festa, nin é nacional'

Preguntan no Parlamento por un encerro taurino sancionado na Coruña

Galiza Mellor sen Touradas rexistra unha iniciativa a través do BNG para saber se o evento sancionado foi en Lousame e por que non aparece na listaxe de Presidencia informando das actividades deste tipo realizadas en 2011. Catro [email protected] do PSOE e tres da formación frontista fan parte do recentemente creado Espazo Parlamentar pola Defensa dos Animais