traballar
Traballar e producir aquí, decidir aquí
Relacións Laborais

Traballar e producir aquí, decidir aquí

A defensa dun marco galego de relacións laborais sobordou o marco das voces que tradicionalmente o demandaron  e defenderon (o nacionalismo) para sumar tamén outros actores políticos e sindicais que ven na garantía da prevalencia dos convenios negociados e asinados aquí sobre os estatais unha porta aberta á mellora das condicións das traballadoras e traballadores. Eis un extracto da información publicada ao respeito no Sermos Galiza 277.

OPINIÓN

Menos cobrar, máis traballar

Hai que facer un esforzo colectivo para que as nosas potencialidades (en recurso naturais e humanos) dén pulo a unha sociedade máis rica e cun reparto máis xusto desa riqueza.

"Sorprende o feito de poder traballar a terra sen labrala"
MARCO ANTONIO TORRES, "OSO", EXPERTO EN HORTA SINéRXICA

"Sorprende o feito de poder traballar a terra sen labrala"

Marco Antonio Torres, ou Oso, como é coñecido, foi monitor do campamento de verán sobre horta sinérxica celebrado no horto ecolóxico infantil de Carballo este verán. Demóstranos como, tamén nas plantas, a unión e o respecto fai a forza.

Rojo sobre o recorte de escanos: "Si se fará"

Rojo sobre o recorte de escanos: "Si se fará"

A presidenta da Cámara amosou o seu apoio á proposta do Partido Popular porque, dixo, "é un compromiso electoral". Rojo asegura que o recorte "si se fará" e que "o único que pode pasar" é que "cada deputado teña que traballar máis". A oposición ve na medida unha "trampa" electoral. O PSdeG-PSOE prepara unha proposta alternativa que, di, dialogará coas demais forzas da oposición. 

A Xunta de Galiza comprométese a incrementar o prezo do leite en xaneiro

A Xunta de Galiza comprométese a incrementar o prezo do leite en xaneiro

A reunión entre o goberno galego, Interprofesional Láctea (INLAC) e as organizacións sindicais Sindicato Labrego Galego (SLG), Unións Agrarias (UU.AA.)e Xóvenes Agricultores (XX.AA.) rematou coa sinatura dun acordo para poder comezar a traballar de xeito conxunto. A Xunta comprométese a vixilar a industria e distribuidores para que non vendan a prezos por baixo do custe de produción e levará a Madrid medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria.