Concentracións contra os despedimentos por enfermidade
CCOO e UXT rexeitan a a polémica sentenza do Tribunal Constitucional e exixen suprimir o precepto legal que ampara a discriminación.
CCOO e UXT rexeitan a a polémica sentenza do Tribunal Constitucional e exixen suprimir o precepto legal que ampara a discriminación.
Os recursos de amparo interpostos pola familia do cámara asasinado José Couso foron rexeitados polo Tribunal Constitucional. Estes recursos ían contra as resolucións da Audiencia Nacional e o Supremo nas que estes se postularon a favor do arquivo da investigación da morte de Couso de acordo coa limitación da xurisdición universal en coherencia coa reforma realizada polo PP en 2014.
Tres maxistrados do Tribunal Constitucional situados no espazo denominado “progresista” eliminaron un parágrafo dun voto particular publicado a pasada semana onde expresaban a non conformidade co resto de compañeiras e compañeiros sobre a inadmisión dun recurso presentado por Jordi Sánchez, preso independentista, anterior líder da Asemblea Nacional Catalá e actual deputado (suspenso pola mesa do Congreso).
Soan graves as súas palabras e son palabras cualificadas, as dun dos máis reputados xuristas das últimas décadas no estado español: "Vivimos nun golpe de estado. E dun golpe se sabe como se entra, mais non como se sae", afirma Javier Pérez Royo, catedrático de Dereito Constitucional pola Universidade de Sevilla e analista político portador dun discurso practicamente sen par no taboleiro mediático español. O golpe de Estado perpetrouno en 2010 o Tribunal Constitucional cando tombou o Estatuto de Autonomía referendado polo pobo catalán. A partir dese momento "Catalunya ficou sen Constitución" e España sen democracia porque "non pode haber democracia en España se Catalunya non pode exercer libremente o seu dereito á autonomía".
Resulta evidente que o poder económico é o determinante. A Bolsa condiciona máis o poder executivo e lexislativo que as mobilizacións e os votos das clases populares. A primeira vota cada día, o povo só de cando en vez. Na loita de...