tsxg

O TSXG declara ilegal por quinta vez a consulta do PP ás familias

A máxima instancia xudicial do país vén de resolver o recurso que presentou STEG contra o decreto do plurilingüismo, e faino nos mesmos termos que empregou para A Mesa, Real Academia, CIG-Ensino e Queremos Galego. O sindicato de [email protected] do ensino celebra unha sentenza que "vai ao fundamento da mentira en que se baseou esta norma" e exixe a súa derrogación e a dimisión de Jesús Vázquez, a quen lle reprochan ter lexislado a favor dos intereses dun colectivo "absolutamente minoritario": Galicia Bilingüe
Feijóo afronta a súa investidura coa sombra do TSXG

Feijóo afronta a súa investidura coa sombra do TSXG

Alberto Núñez Feijóo será investido presidente da Xunta de Galiza o vindeiro 29 de novembro. As sentenzas ditaminadas polo TSXG sobre o decreto do plurilingüismo e o concurso eólico ensombrecen a súa toma de posesión e anulan dúas das súas promesas cumpridas durante os últimos catro anos de goberno.

O TSXG bota abaixo a consulta do PP ás familias sobre o uso do galego no ensino

O TSXG bota abaixo a consulta do PP ás familias sobre o uso do galego no ensino

O Superior galego comunica a súa resolución a A Mesa, Queremos Galego e CIG Ensino. Para alén da consulta ás familias, responsábel "do varrido do noso idioma no 96% dos centros de ensino", desaparece tamén máis un artigo que foi "chave nos ataques do PP contra a nosa lingua": que o uso do galego non era obrigatorio en materia ningunha, agás Lingua e Literatura galega
TSXG confirma que a Xunta discriminou a CIG no reparto de axudas á formación

TSXG confirma que a Xunta discriminou a CIG no reparto de axudas á formación

O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza conclúe que a Forga, a fundación da CIG para formación laboral, foi obxecto por parte da Consellería de Traballo dunha "inmotivada e inxustificábel discriminación". A sentenza da máxima instancia xudicial da Galiza obriga agora a Xunta a conceder axudas a esta fundación. A CIG pide á Consellería que depure "responsabilidades políticas".
A ilegalidade do PP ao anular o concurso eólico suporá unha sangría económica para a Xunta

A ilegalidade do PP ao anular o concurso eólico suporá unha sangría económica para a Xunta

A suspensión do concurso eólico do bipartito desenvolvida por Feijóo é considerada polo TSXG unha desviación de poder, isto é, a instrumentalización da lei para fins propios. A sentenza publicada o pasado mes de xullo carrexará importantes indemnizacións patrimoniais a favor da empresa demandante e podería incorrer en responsabilidades penais para varios membros do goberno da Xunta.