turismo
A Xunta teima en consolidar un modelo de turismo masivo
Aumentan as vivendas turísticas

A Xunta teima en consolidar un modelo de turismo masivo

O aluvión de vivendas destinadas a uso turístico non preocupa no goberno da Xunta. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, considera que a Galiza non conta cun volume “excesivo" deste tipo de vivendas. Ademais, tamén negou publicamente a existencia dunha "pretendida masificación do Camiño de Santiago".

OPINIÓN

Precisa Galicia dun imposto turístico?

O turismo constitúe xa unha das principais actividades económicas na Galicia, achegando 5M de visitantes (case dous visitantes por residente) que inxectan na nosa economía uns 6.400 M€/ano, o 11% do noso PIB.  Cómpre asumirmos esta realidade. Mais por mór das...

O turismo de cruceiro encalla na Galiza
Cae na primeira metade do ano un 5,3%

O turismo de cruceiro encalla na Galiza

Os desexos do Goberno galego de incrementar o número de visitantes que chegan a Galiza por mar baten coa realidade dos números. Segundo as estatísticas de Portos do Estado, que agrupa as vinte e oito autoridades portuarias de interese xeral, as cinco dársenas galegas con esa categoría perden cruceiristas: é o segundo dado máis baixo desde hai un lustro. 
OPINIÓN

#EditorialSermos358: Un turismo sustentábel

Mudar o modelo turístico, coa vista posta na sustentabilidade, debe ser un dos obxectivos da Galiza do futuro. En lugar de primar a cantidade, debe primarse a calidade, co aumento da estancia das persoas visitantes e coa promoción do turismo cultural e verde. Nas urbes debe...

Compostela e a fin do Camiño, historia de dúas cidades
TURISMO

Compostela e a fin do Camiño, historia de dúas cidades

O Xacobeo 93 supuxo un antes e un despois para o turismo en Compostela. Cada ano chegan máis camiñantes, sobre todo nos meses do verán, 327.378 o pasado ano. A Xunta comezou en 2019 unha campaña para captar máis peregrinas e peregrinos de cara ao Xacobeo 2021. Mentres, voces críticas se alzan na cidade para reclamar un turismo sostíbel e respectuoso. Sinalan a perda de habitantes no casco histórico e a transformación de locais míticos en tendas de souvenirs. Demandan ás Administracións que primen a cidadanía sobre os visitantes. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respeito no número 358 do semanario en papel Sermos Galiza.

A Xunta emprega maiormente o castelán para promover o turismo nas redes

A Xunta emprega maiormente o castelán para promover o turismo nas redes

“Los vikingos se disponen a atacar de nuevo la localidad de Catoira. Será este domingo cuando tendrá lugar la recreación de la toma de las Torres de Oeste, y mañana se celebrará la cena vikinga previa. No te pierdas la invasión más festiva. #EligeGalicia #GaliciaTienesQueVivirla”. Eis o ton e a lingua maioritaria da conta de Turgalicia en twitter.
OPINIÓN

Fatalidade de turismo

Será que vivimos no século máis exhibicionista ou que o viaxeiro pasou do elitismo de Stendhal ao simple voyeur de clase media que mide a vida en megapíxeles. Non é un fenómeno galego senón universal. Xunto á xentrificación residencial das grandes...

Turismo sustentábel
Editorial Sermos311

Turismo sustentábel

Sustentabilidade e responsabilidade social deberan ser chaves no turismo, cuxa cara b esconde precariedade e alugueiro ilegal de pisos turísticos. Cómpre reflexionar sobre novas fórmulas turísticas centradas máis no aspecto cualitativo que no cuantitativo, máxime tendo en...

O negocio do alugueiro turístico desborda na Galiza

O negocio do alugueiro turístico desborda na Galiza

Mils de vivendas na Galiza están a destinarse ao alugueiro turístico a cabalo do éxito das plataformas dixitais que facilitan este servizo. Un boom que tamén ten consecuencias, e non poucas, para a poboación residente. Xa son 6.000 as vivendas turísticas rexistradas mais o número de existentes multiplicaría até por 5 esa cifra. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 311 de Sermos Galiza.

Un ceo de paraugas embelece Lalín

Un ceo de paraugas embelece Lalín

Os paraugas están de moda en Lalín. A Concellaría de Turismo vén de instalar un ceo de paraugas multicores na rúa Colón para facela máis atractiva e para dinamizar comercial e socialmente a vila.

Campaña da Deputación da Coruña

Dálle un ‘like’ aos xeodestinos turísticos do norte

Consciente da riqueza turística de Ferrolterra, A Coruña e As Mariñas, Costa da Morte, Terras de Santiago, Ría de Muros e Noia e Ría de Arousa Norte, a Deputación da Coruña vén de lanzar a campaña “Coruña Like”, enfocada ás redes sociais.

OPINIÓN

Protestas anti-turismo

Nos nossos dias estão a produzir-se, como novidade, uma série de manifestações em contra do turismo, seguidas duma enfiada de declarações de repulsa dos poderes públicos, e cumpre analisar as suas causas e a sua...

"A presión turística en Santiago é moi forte"
Entrevistamos Iago Lestegás

"A presión turística en Santiago é moi forte"

Colaborador do Grupo de Análise Territorial da Universidade de Santiago de Compostela, Iago Lestegás (Lugo, 1987) vén de ser recoñecido co premio ao Mellor Mozo Investigador na reunión anual da Comisión de Xeografía Urbana da Unión de Xeógrafos Internacional polo artigo Lisbon's historic center: a real estate enclave in the periphery of the Eurozone, que tamén ten a ver coa tese de doutoramento que presentou en xuño na Universidade Mediterránea de Reggio Calabria (Italia) e que contou coa titoría, entre outros, do catedrático Rubén Lois. Conversamos co investigador premiado, que tamén viviu dous anos Buenos Aires –onde fixo o proxecto fin de carreira– e un en Boston –a raíz dunha bolsa da citada universidade italiana–, sobre turismo, vivenda e urbanismo. Entrevistámolo no Sermos Galiza 261. Eis un extracto.

Do turismo con válvula ao turismo funil
Modelos para filtrar visitantes

Do turismo con válvula ao turismo funil

Mentres a Xunta de Galiza persevera nas políticas de promoción en base á exaltación da Galiza rural, monumental e gastronómica herdadas da época de Fraga, as cidades e mesmo as vilas costeiras buscan vías para combater os efectos da crecente masificación e deseñan estratexias para filtrar as persoas visitantes antes de que cheguen. Abordamos este asunto en profundidade no Sermos261, xa na rúa. Eis un extracto da reportaxe.

OPINIÓN

Que tipo de turismo queremos?

Para alén do acerto ou non da resposta dalgúns grupos á masificación turística [1], este debate chegou para se manter, mentres non se lle dea unha solución axeitada a un problema que causa descontente en sectores...

OPINIÓN

É tão bom o turismo, como dizem?

Se falarmos em turismo não podemos ficar apenas no número de pessoas que servem a outros vindos doutros territórios ou na “riqueza” gerada, medida através o PIB. Também não podemos ficar no muito sacanas que são...

Pontevedra acada a convivencia entre turismo e veciñanza

Pontevedra acada a convivencia entre turismo e veciñanza

A imaxe do turista co seu mapa, alternando miradas entre o edificio ou a praza que ten diante e o papel xeográfico, converteuse nunha estampa habitual na cidade do Lérez. Non a era hai uns anos, menos dos que poidan parecer, pero Pontevedra mudou na...

OPINIÓN

O turismo mata

Hai unhas semanas, nunha visita a Compostela, a escritora estadounidense Donna Leon, residente en Venecia dende 1981, laiábase de que a cidade italiana se convertera nunca caste de Disneylandia, e retrucaba cun pouco de retranca que, polo visto, Compostela ía polo mesmo camiño.

OPINIÓN

Razóns para non facer un Parador de Turismo no núcleo monumental do Castelo de Monterrei

O núcleo monumental do Castelo de Monterrei está formado pola Torre de Don Sancho, a Igrexa, o Palacio dos Condes,  a casa Reitoral  e o Patio de Armas.  Este núcleo é a esencia do recinto do Castelo e o que caracteriza a fortaleza. Dado o seu carácter de Praza Pública  —Monterrei é como unha pequena cidade— si se altera o seu uso público,transformando o núcleo monumental nun hotel, todo o conxunto se vería desnaturalizadoe perdería o seu carácter.

Galiza perde turismo

Galiza perde turismo

As repetidas campañas da Xunta trouxeron visitantes que pasan pouco tempo no noso territorio e gastan menos. O turismo internacional prefire outras zonas da península.