txue
O TXUE autoriza á maxistratura a paralizar despexos e declara "abusiva" a lei española

O TXUE autoriza á maxistratura a paralizar despexos e declara "abusiva" a lei española

Nunha sentenza emitida esta quinta feira, o tribunal de Luxemburgo ditamina que a norma é contraria ao ordenamento xurídico da Unión Europea. O fallo deberá ser aplicado de maneira directa quer nas execucións hipotecarias en curso quer nas pendentes de resolución. O fallo do tribunal bate coas declaracións do presidente español en que desbotou a dación en pagamento porque "prexudicaría o acceso ao crédito".