un-veran-en-galeusca
"As pintadas", por Iban Zaldua
Un verán en Galeusca

"As pintadas", por Iban Zaldua

Iban Zaldua (Donostia, 1966) estudou Historia na EHU, onde agora dá clases, en Gasteiz. Ten colaborado en diversos medios –Berria, entre eles-, e alimenta o blog Volgako bateleroak –Os bateleiros do Volga-. Destaca principalmente na produción de contos, aínda que tamén é autor de narracións, novelas e ensaios. Entre as súas publicacións atópanse, entre outras, Ipuin euskaldunak (1999); Gezurrak, gezurrak, gezurrak (2000); Itzalak (2004); Etorkizuna (2005); Biodiskografiak (2011); Inon ez, inoiz ez (2014) e Sekula kontatu behar ez nizkizun gauzak (2018). Publicamos o relato "As pintadas", no marco da sección "Un verán en Galeusca", partillada por Sermos Galiza, Berria e Vilaweb.

 

"Nadar", por Katixa Agirre
Un verán en Galeusca

"Nadar", por Katixa Agirre

Katixa Agirre (Gasteiz, 1981) publicou o seu primeiro libro, a colección de contos Sua falta zaigu, en 2007. Desde aquela ten publicado, entre outros, o libro de narracións Habitat (2009) e a novela Atertu arte itxaron (2015). Co proxecto Habitat gañou o premio Igartza, e con Atertu arte itxaron o premio da 111 Akademia. Amek ez dute é o título da súa última novela, que, como os tres libros anteriores, foi publicada por ELKAR. Publicamos o relato "Nadar", no marco da sección "Un verán en Galeusca", partillada por Sermos Galiza, Berria e Vilaweb.

"A vida do escritor", por Harkaitz Cano
Un verán en Galeusca

"A vida do escritor", por Harkaitz Cano

Harkaitz Cano (Lasarte-Oria [Donostia], 1975), publicou o libro de poemas Kea behelainopean bezala en 1994 e, posteriormente, as novelas Beluna Jazz, Pasaia Blues, Belarraren ahoa e Twist; os contos Neguko zirkua e Beti oporretan, e o libro de poemas Norbait dabil sute-eskaileran. É tamén autor de ensaios, columnas de opinión, guións, libros ilustrados e cómics. Fakirraren ahotsa (2018), a súa última novela, está baseada na vida do cantante Imanol Larzabal.Publicamos o relato "A vida do escritor", no marco da sección "Un verán en Galeusca", partillada por Sermos Galiza, Berria e Vilaweb.

"Danger", por Susana S. Arins
Un verán en Galeusca

"Danger", por Susana S. Arins

Susana Sánchez Arins nasceu em 1974 em Vila Garcia, mas criou-se e cresceu no Fojo, terradentro. Estudou Filologias Hispânica e Portuguesa na USC e tem o DEA em Literatura Comparada. Põe escola no Ensino Secundário. Estudou e trabalha na escola pública. Em 2008 ganhou o XXI Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé com a obra [de]construçom, publicada em 2009 por Espiral Maior. Seguiram-lhe Aquiltadas (Estaleiro Editora) e A noiva e o navio (Através Editora) em 2012. Em 2015 publicou seique (Através Editora) e em 2018 Carne da minha carne (Apiario Editora) e Tu contas e eu conto (Através Editora). Participou com textos voandeiros em obras coletivas e revistas e faz parte da Plataforma de Crítica Literária A Sega, para quem escreve recensões com perspetiva feminista. Publicamos o relato "Danger", no marco da sección "Un verán en Galeusca", partillada por Sermos Galiza, Berria e Vilaweb.

"A sementeira", por María Reimóndez
Un verán en Galeusca

"A sementeira", por María Reimóndez

Sermos Galiza, Berria e Vilaweb puxeron en marcha por vez primeira "Un verán en Galeusca" coa publicación das narracións de autoras e autores galegos, vascos e cataláns traducidos ás tres linguas. A sección partillada polos tres medios botou a andar en xullo no semanario en papel e as próximas sextas feiras farao no diario dixital. Comezamos coa narración de María Reimóndez, "A sementeira", ilustrada cunha colaxe de Emma Pedreira.