union-europea
Johnson non apraza a saída da UE malia a derrota provisional do seu plan para o Brexit

Johnson non apraza a saída da UE malia a derrota provisional do seu plan para o Brexit

O parlamento británico aprobou por 322 votos a favor contra 306 contra a emenda Letwin, que paraliza o voto final do acordo sobre o Brexit impoñendo previamente a lexislación pertinente á saída do país da Unión Europea, nunha decisión que contradí ao primeiro ministro do país, Boris Johnson, que abriu unha nova disputa legal ao negarse a solicitar un aprazamento da saída da UE. 
OPINIÓN

Notas ao vivo: Unión Europea criminal (65)

Un grupo internacional de avogados, entre os que se encontran nomes de alto prestixio profesional e académico —véxase, por exemplo, o profesor, Omer Shatz da Universidade de París—, dirixiu un documento (242 páxinas) á Fiscalía da Corte Penal Internacional...

Ursula Von der Leyen é eleita presidenta da Comisión Europea
Unión Europea

Ursula Von der Leyen é eleita presidenta da Comisión Europea

A dereitista alemá Ursula Von der Leyen resultou eleita nova presidenta da Comisión Europea por maioría absoluta da eurocámara, recibindo un total de 383 votos a favor achegados desde as filas do Partido Popular Europeo, o grupo socialdemócrata e do conglomerado de formacións liberais denominado Renew Europe. En contra obtivo 327 votos e producíronse 22 abstencións.

Grecia vota rodeada de enquisas que apuntan a fin do goberno de Tsipras
Eleccións xerais anticipadas

Grecia vota rodeada de enquisas que apuntan a fin do goberno de Tsipras

Este domingo 7 de xullo case dez millóns de gregas e gregos están chamados a acudir ás urnas nunhas eleccións xerais anticipadas, convocadas polo primeiro ministro Alexis Tsipras após os malos resultados da Syriza nos pasados comicios europeos e locais. Un novo Parlamento sairá dos votos emitidos este domingo e a maioría das enquisas dan por feito o fin da etapa Tsipras e a vitoria do partido de dereitas Nova Democracia.

"A maioría dos partidos utilizan o feminismo como mercadotecnia e baléirano de contido"
As eleccións a ollos de... Iria Pinheiro

"A maioría dos partidos utilizan o feminismo como mercadotecnia e baléirano de contido"

A actriz e cantante Iria Pinheiro considera moi importante participar nas eleccións europeas xa que a implicación na comunidade, di, “é fundamental para que se produzan cambios”, pese a sentirse pouco ou nada integrada nunha Europa que se esquece da Galiza e das persoas. Considera o feminismo como o reto principal a nivel social e político.

OPINIÓN

#EditorialSermos347: Mudar de raíz a UE

Paz, cohesión, liberdade, xustiza social? A realidade botou por terra a propaganda relativa á Unión Europea, cuxas prácticas están á vista. A libre circulación de mercadorías, capitais, persoas (dependendendo de onde veñan) e servizos provocou a concentración da riqueza en...

“O estado do benestar na UE está en perigo pola extrema dereita”
As eleccións a ollos de... Marilar Aleixandre

“O estado do benestar na UE está en perigo pola extrema dereita”

A escritora Marilar Aleixandre alerta ante a dupla cita electoral do 26 de maio sobre os perigos que entraña o ascenso da extrema dereita en Europa e considera preciso dar un xiro social á UE, apuntalando o estado do benestar e os servizos públicos.

"A UE ten un problema grande coas fronteiras que ten que subsanar"
As eleccións a ollos de... Guadi Galego

"A UE ten un problema grande coas fronteiras que ten que subsanar"

O medio, a enerxía e as fronteiras son os principais retos que afronta Europa a ollos da artista e música Guadi Galego, quen avoga por unha maior implicación do continente en crear un modelo internacionalista, social e sostíbel para salvar o planeta en lugar de manter o modelo da UE dos estados e o capital.

"Hai que contribuír á destrución da Unión Europea"
As eleccións a ollos de... Méndez Ferrín

"Hai que contribuír á destrución da Unión Europea"

Como euroescéptico de esquerdas defínese X.L. Méndez Ferrín, quen avoga pola disolución da Unión Europea debido ao seu défice democrático e o seu carácter imperialista. Olla ademais un novo mundo multilateral onde os pobos europeos deben deixar de estar ao servizo dos EE.UU.

“Hai un xenocidio indirecto de milleiros de persoas nas fronteiras da Unión Europea”
As eleccións a ollos de... O Leo

“Hai un xenocidio indirecto de milleiros de persoas nas fronteiras da Unión Europea”

O Leo considera necesario que Galiza conte cun micrófono que a defenda en Europa, a pesar de que as institucións da UE “estean tomadas polo capitalismo”. O músico, escritor e profesor Leonardo Fernández, O Leo, valora para Sermos Galiza que é o que se xoga o país nas eleccións europeas no contexto de emerxencia social en que vivimos.

OPINIÓN

Como vai o Brexit

O fundamental do Brexit é que os que votaron para sair da Unión Europea fixérono porque querían a independeza do país, liberarse do que vían como ditadura de Bruxelas. Iso suscitou unha reación violenta nas elites políticas, económicas, intelectuais e universitarias, que...

O eurodeputado Blanco cuestiona os coñecementos técnicos dos peticionarios sobre as rías
Portavoces ven un insulto nas declaracións do ex ministro

O eurodeputado Blanco cuestiona os coñecementos técnicos dos peticionarios sobre as rías

Vivíronse momentos de tensión no transcurso da reunión da Comisión de Peticións da Unión Europea, a pasada segunda feira 21 de xaneiro, na que se levou a debate a contaminación das Rías do Burgo e Vigo. Xosé Blanco, eurodeputado do PSOE e ex ministro de Fomento, cuestionou a capacidade dos peticionarios para xulgar determinadas condicións técnicas da depuradora de Vigo. Sermos Galiza asistiu á sesión en Bruxelas.

Luz verde á reforma que coloca unha barreira mínima de voto para entrar no Parlamento europeo
Dificultará o acceso das formacións soberanistas á cámara

Luz verde á reforma que coloca unha barreira mínima de voto para entrar no Parlamento europeo

Foi apadriñada por Alemaña en teoría para impedir o acceso á ultra-direita de inspiración nazi, mais a súa posta en práctica dificultaría a entrada na Eurocámara das organizacións soberanistas. O limiar mínimo para obter representación estará entre 2 e 5 por cento do voto estatal. Serán os estados os que decidan en que percentaxe fica finalmente.

OPINIÓN

Notas ao vivo: Campos de concentración (8)

Se falamos de campos de concentración, baixo terminoloxía nacionalsocialista tamén podemos falar de “campos de internamento” ou “campos de tránsito”. E mesmo o Reichführer das SS, Heinrich Himmler, chegou a se referir aos campos de detención e de reclusión...

OPINIÓN

O Brexit do Reino Unido, primeiros apontamentos

Hai poucas horas que coñecemos a decisión adoptada onte no referendo celebrado no Reino Unido e xa temos nas tertulias aos expertos que todo o saben falando de que iso é unha loucura e de que detrás de quen apoiaron a saída da Unión...