universidade
Os recortes orzamentarios fan perigar a Universidade

Os recortes orzamentarios fan perigar a Universidade

A Universidade pública está en perigo e sobre ela pesa unha ameaza de morte. Os recortes orzamentarios apertan todos os sectores laborais da institución universitaria e afectan á calidade do ensino. En Compostela, persoal de servizos continúa pechado na Casa da Balconada. A CIG puxo sobre a mesa os datos da desfeita.
'Contra a miseria na Universidade'

'Contra a miseria na Universidade'

Cadrando co Día internacional da loita estudantil nas nacións sen estado, miles de persoas secundaron nas rúas da Galiza a xornada de folga convocada por Liga, Comités e Agir e advirten da que se lle vén enriba ao ensino público galego: ''centralización e privatización''
OPINIÓN

Conflito na Universidade

Nos arredores da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña aínda pódese ler nunha parede do seu aparcadoiro a seguinte reflexión: “O formigón armado educa na indiferenza” -en referencia ao edificio de formigón proxectado na década de 1970 polos arquitectos Ucha, Castañón e Laguna, coñecido vulgarmente como “a seta”-.
O estudantado galego reméxese contra a suba das taxas

O estudantado galego reméxese contra a suba das taxas

Comités, Liga Estudantil e Agir consideran que a medida, contemplada no decreto 14/2012 do Goberno español e que vén de ser aprobada no Consello de Universidades, é "inaceptábel", "drástica" e "un brutal ataque ao ensino público". Os tres reitores cadran tamén ao tildar a suba de ''recadatoria''

A Universidade de Bretaña distingue a Claudio Rodríguez Fer

A Universidade de Bretaña distingue a Claudio Rodríguez Fer

A Universidade de Alta Bretaña en Rennes vén de distinguir o escritor Claudio Rodríguez Fer co seu doutoramento Honoris Causa. O acto de investidura terá lugar o próximo día 28 de xuño, data en que Rodríguez Fer se converterá no primeiro galego con esta distinción.
Okupan a Biblioteca Xeral, en Santiago, contra a suba das taxas
FOLGA O 10 DE MAIO

Okupan a Biblioteca Xeral, en Santiago, contra a suba das taxas

Co ollar posto na xornada de mobilizacións convocada para o 10 de Maio, organizacións estudantís convocan encerros nas bibliotecas públicas galegas para manifestaren o seu rotundo rexeitamento ao incremento nos prezos das matrículas universitarias. Na Xeral o feche será indefinido
''Non se cubrirán os 10 primeiros días da baixa no Ensino, mais fíxanse servizos mínimos nas folgas''
EDUCACIÓN

''Non se cubrirán os 10 primeiros días da baixa no Ensino, mais fíxanse servizos mínimos nas folgas''

O RD Lei 14/2012, recentemente aprobado polo Goberno español, invade as competenzas galegas. A central nacionalista exíxelle á Consellería de Educación que non aplique esta norma e que a recorra perante o Constitucional. De facelo seu, sería o último ataque da Xunta contra o ensino público galego, despois dos ''ataques permanentes'' á lingua, unha suba de taxas que pode chegar aos 560€/matrícula na Universidade e á nula atención prestada ás políticas de fomento da equidade de xénero