valcarce
Moncho Valcarce: Un militante, un profeta, un cura e un místico

Moncho Valcarce: Un militante, un profeta, un cura e un místico

O doutor en Teoloxía pola Universidade de Salamanca e en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela Victorino Pérez Prieto recupera para Sermos Galiza o perfil de Moncho Valcarce (1935-1993) no ano en que se conmemora o 25 aniversario do falecemento do coñecido como “crego das Encrobas”. Nas próximas semanas seguirán a sucederse actos de lembranza da figura de Valcarce. Eis un extracto do texto publicado no número 295 de Sermos Galiza.

Moncho Valcarce volve en pedra ás Encrobas

Moncho Valcarce volve en pedra ás Encrobas

Facíanse 37 anos da expropiación de terras da parroquia das Encrobas por Fenosa para a construción da mina de lignitos e foi esa a data escollida para que Moncho Valcarce volvera ter presenza por medio dun novo monumento, colocado no lugar do roubado hai uns meses. 

OPINIÓN

Na lembranza de Moncho Valcarce

Celebramos o 20 cabodano de Moncho Valcarce, crego e home galego. 

E celebrámolo aquí nas terras das Encrobas polo significado histórico que tivo a loita deste pobo, asoballado polos intereses do capital en conivencia coa administración, que concitou a meirande indignación e protesta popular na Galiza dos albores do posfranquismo. Loita á que Moncho Valcarce quedou unido para sempre co alcume do “cura das Encrobas” . 

Lembranza popular a Moncho Valcarce vinte anos despois, nas Encrobas

“A túa semente segue viva”, é o lema do cartaz da homenaxe a Moncho Valcarce que terá lugar día 31 de agosto a partir das 12 da mañá. Será nas Encrobas e comezará a carón da Igrexa e o busto do que foi crego da parroquia que se rebelou para defenderen a súa terra. Vinte anos despois da súa morte, o crego das Encrobas recibe unha homenaxe popular. 

OPINIÓN

Ramón Valcarce, un crego galego consecuente

Moncho para [email protected] foi unha persoa entrañable que non daba dous pasos polas rúas coruñesas sen que alguén o parase para botar unha parrafada. O seu xeito de ser,  campechano, aberto, ocorrente, coherente, sen pelos na lingua “eu son así de bruto”, peculiar, a súa axenda eran os envases dos “celtas” curtos que fumaba, e acostumaba   a poñer simpáticos e sempre cariñosos alcumes a amigos e coñecidos adaptándoos ao seu entender (pachangas, electricista, traxedias, intelectual…) fixo de Moncho un home  querido e imborrable para quen o coñecese e máis aínda para a xente común.